A Rúa, unha pequena viaxe ao longo do tempo (1)

PREHISTORIA E IDADE ANTIGA

Os primeiro asentamentos sitúanse na época prerromana nos castros de Vilela (A Capilla), A Rúa (A Coroa) e Fontei (O Castrillón). Como restos arqueolóxicos que serven de testemuño destes primeiros asentamentos témos a estela funeraria de A Coroa.

Estes primeiros poboadores ocupaban a zona alta do val e segundo o relato do xeógrafo Estrabón: “Eran xente de pouco comer, non beben maís que auga, dormen sobre o chan e levan ó cabelo longo a modo feminino; pero no combate poñen unha fita na fronte para suxeitar o cabelo. Comen principalmente carne de cabra aínda que máis das tres cuartas partes do ano nútrense de landras e castañas que, secas e esmagadas, móenas para faceren pan que o conservan durante moito tempo. Están escasos de viño e o que conseguen bébeno rapidamente en festas. No canto de aceite válense de manteiga. Comen sentados sobre bancos construídos ó redor das paredes, colócanse segundo as súas idades e dignidades, e fan circula-los alimentos de man en man. Usan vasos de madeira. Mentras beben bailan en círculo ó son da frauta e corneta os homes e as mulleres collidos da man. Todos van vestidos de negro, a maioría con sagos, cos que durmen en leitos de palla. As mulleres levan vestidos e saias con adornos florais. Practican pelexas ximnásticas, carreiras, lanzamentos de dardos... No canto de moeda practican o intercambio de especies ou dan pequenas láminas de prata recortadas a modo de moeda. Ós condenados a morte despéñanos e ós parricidas lapídanos fóra das cidades. Ós enfermos, como os exipcios na antigüidade, colócanos nos camiños para seren curados polos que sufriron unha doenza semellante. A súa rudeza non se debe só ós seus costumes guerreiros, senón ó seu afastamento, pois os camiños que conducen a estas terras son longos”.
Así vivían os que os xeógrafos romanos chamaron cigurros (Ptolomeo) ou egurros (Plinio).

Este modo de vida daría un xiro radical coa chegada dos romanos a estas terras no século I a. C. No ano 30 a. C. o propio emperador Augusto declara sometida a zona pero aínda se seguirían producindo levantamentos ata o ano 19 a. C. cando se instaura definitivamente a Pax Romana. O val quedaría integrado nun primeiro momento na provincia Tarraconensis e xa, cando se fai a división definitiva da Hispania, integrouse na Gallaecia e dentro desta no convento asturiacense coa capital en Astúrica Augusta (Astorga).

O emperador Vespasiano manda construir a vía XVIII, tamén chamada "Vía Nova" que uniría dúas das tres cidades máis importantes da Gallaecia: Bracara Augusta (Braga -Portugal-) e Asturica Augusta (Astorga). As obras comezan no ano 57 e rematan no ano 77. A 81 millas de Astúrica Augusta (Astorga) os romanos constrúen unha mansión viaria. Estas mansións construíanse ao longo das vías como zona de descanso ou de cambio de cabalerías. Xurde así o Forum Gigurrorum. Era o núcleo de poboación máis importante de toda a comarca e da súa evolución, ó longo do tempo, saiu o actual nome de Valdeorras.
Desta época consérvase:
A ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, que une as localidades de A Rúa e Petín. A ponte actual foi feita, sobre os restos romanos, en 1.577 por Juan de Nebeda e mide uns 80 m de longo.
Un capitel de estilo corintio que se datou no século IV que apareceu durante unhas reformas na praza César Conti.
Os mosaicos da Cigarrosa datados a finasi do século III ou comezos do século IV. Foron atopados en 1.896, en 1.969 e en 1.973, os dos primeiros son de temática marina (peixes, delfins, moluscos...) e o terceiro con motivos xeométricos. Están hoxe no museo provincial, en Ourense.
A lápida da Cigarrosa mide 85 cm de alto e 45 cm de ancho. Foi atopada preto da ponte da Cigarrosa. Actualmente está empotrada na fachada dunha casa particular que mira á entrada principal da igrexa de San Estebo, nela recóllese o testamento de Lucio Pompeio Reburro Fabro ademáis doutros datos aparece citada a vila de Calubriga como dependente do Forum Cigurrorum.

Texto en latín
L(ucio) Pompeio L(uci) f(ilio) Pom(ptina) Reburro Fabro Gigurro Calubrigen(si), probato in coh(orte) VII pr(aetoria), beneficiario Tribuni, tesserario in 7 (centuria) optioni in 7 (centuria), signiero in 7 (centuria), fisci curatori, corn(iculario) Trib(uni), evoc(ato) Aug(usti), L(lucius) Flavius Flaccinus.
Texto traducido
A Lucio Pompeyo Reburro Fabro, fillo de Lucio, da tribu Pomptina, gigurro natural de Calubriga, experimentado na cohorte VII pretoria, beneficiario do tribuno, tesserario na centuria, vice-centurión, portaestandarte na centuria, procurador do fisco, corniculario do tribuno, chamado polo emperador, o seu herdeiro Flavio Flacciono (dedícalle esta lápida) de acordo co testamento.