Un novo continente

Asia, América, África, Antártida, Europa, Oceanía e... Gran Sopa de Plástico.

Debuxo artístico
O mércores 13 de agosto de 1997 o oceanógrafo norteamericano Charles Moore navegaba polo océano Pacífico. O seu veleiro volvía a California (Norteamérica) desde as illas Hawai, logo de participar alí nunha regata. El e os seus cinco tripulantes tomaran para voltar unha ruta que era pouco transitada. Dun momento a outro, comezaron a ver unha fileira de bolsas de plástico, redes, conos asiáticos de sinalización de tráfico, xarras, zapatos, cepillos de dentes, bonecas descabezadas e bombillas. Nese instante, Charles Moore, como un Cristóbal Colón moderno achara unha nova rexión mar dentro: "o continente lixo".

Este novo "continente" do lixo atópase no medio do Pacífico, a uns 1.000 km de Hawai. Coñecido como o «gran parche de lixo do Pacífico», a «gran illa de lixo», a «gran sopa de plástico» ou o «sétimo continente», este vertedoiro marítimo ten unhas dimensións incribles. Calcúlase que ocupa de 1,7 millóns a 3,4 millóns de km cadrados, máis ou menos o equivalente de tres a sete Españas, e pesa uns 3,5 millóns de toneladas.
Localización

Os desperdicios humanos agrúpanse nun remolino xigante provocado pola forza da corrente en vórtice do Pacífico Norte, que vira en sentido das agullas do reloxo. Isto, coa axuda dos ventos que actúan na zona, impide que os refugallos plásticos se dispersen cara ás costas. A forza centrípeta leva lentamente os cascallos cara ao centro desta espiral.

Plásticos no océano Pacífico
A illa de lixo está composta por todo o que se poida imaxinar; pero destacan sobre todo pequeñísimas pezas de plástico, millóns delas, algunhas do tamaño dun gran de arroz. O efecto é moi parecido ao que exerce o mar sobre a area da praia, pero na súa versión máis espantosa. O detritus contamina as augas e envenena aos peixes, que inxeren as partículas de plástico máis diminutas. Esas toxinas poden ser transmitidas en cadea a depredadores máis grandes, incluído, por suposto, o home. Aínda non se obtivo información sobre algunha especie que prospere na gran mancha de lixo do Pacífico.

E non esquenzamos que este tipo de compostos poden durar centos de anos no medio ambiente. É a herdanza que deixa a xeración actual as vindeiras xeracións.

Feito pola Humanidade (Grecia) 1º ESO

Identifica o feito polo los gregos:

 

Como funciona?
  • Premendo nas frechas da parte inferior dereita vemos a exposición a pantalla completa.
  • A barra azul serve para desprazarse pola exposición.
  • Se pos o rato enriba da imaxe ves o número.
  • Premendo na imaxe aumentamos o seu tamaño.
  • Tamén podemos empregar o rato para desprazarmos pola exposición e a a súa roda para cambiar o tamaño.
Se non sabes por onde comezar preme  AQUÍ 
Para imprimir unha plantilla preme AQUÍ
É recomendable empregar o navegador FIREFOX. Descárgao premendo na icona

Feito pola humanidade (Renacemento) 2º ESO

Identifica as seguintes obras artísticas pertencentes ao Renacemento.

Como funciona?
  • Premendo nas frechas da parte inferior dereita vemos a exposición a pantalla completa. 
  • A barra azul serve para desprazarse pola exposición.
  • Se pos o rato enriba da imaxe ves o número.
  • Premendo na imaxe aumentamos o seu tamaño.
  • Tamén podemos empregar o rato para desprazarmos pola exposición e a a súa roda para cambiar o tamaño.   
Para imprimir unha plantilla preme AQUÍ  
É recomendable empregar o navegador FIREFOX. Descárgao premendo na icona

Grandes obras: A vocación de San Mateo

Vocación de San Mateo


Título: A vocación de San Mateo.
Autor: Michelangelo Merisi "Caravaggio" (Milan 1571 - Porto Ercole 1610)
Cronoloxía: 1599
Escola: Italiana
Estilo: Barroco
Técnica: Óleo
Soporte: Lenzo
Medidas: 322 × 340 cm
Localización: Igrexa de San Luís dos Franceses, Roma (Italia).
A Vocación de San Mateo rememora a designación de San Mateo como novo discípulo O Evanxeo sitúa o suceso en Cafarnaúm e preséntanos ao apóstolo como un recadador de impostos de gran posición social.

A pintura representa a historia que se narra no Evanxeo segundo san Mateo (Mateo 9:9): Xesús viu un home chamado Mateo, sentado no despacho de impostos, e díxolle: «Sígueme», e Mateo levantouse e seguiuno.

Caravaggio desenvolveu a pasaxe bíblica nunha escena de interior. Nun cuarto lóbrego sitúa a San Mateo e os seus catro compañeiros, sentados ao redor dunha mesa, e a Xesucristo e a San Pedro, de pé ambos, á esquerda do grupo. Xesucristo estende o seu brazo e sinala co dedo índice ao elixido.