2º ESO: Semana 5

"Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado". Recollido nas orientacións provisionais publicadas pola Consellería.

Repaso. Tema 1: O inicio da Idade Medía
1.- A cidade de Constantinopla. Fai a actividade no caderno


A) Que nome tiña antes de chamarse Constantinopla?
B) De que imperio foi a capital a cidade de Constantinopla?
C) Como se chamaban o emperador e a súa muller que destacaron como gobernantes?
D) En que ano foi conquistada? Por quen o foi? Que novo nome lle puxeron?

2.- Fai a ficha repetidor/a. Aínda que na ficha poña "Repetidor" é para facer todo o alumnado. Non copies nin as preguntas nin os enunciados, só as respostas. Entre parénteses aparece o número de letras que ten a resposta. Preme aquí. Fai a actividade no caderno.