2º ESO: Semana 4

Sesión 1: 
Escribe o título do tema no caderno: Tema 9: As cidades

1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
O texto que está aquí debaixo hai que copialo no caderno
O espazo rural e o espazo urbano
O espazo rural
O espazo rural. As actividades económicas que predominan son as agrícolas, gandeiras, forestais e pesqueiras.
Nos espazos rurais distínguense varios elementos:
  • A leira ou parcela é a porción de terreo da paisaxe agraria para a súa explotación.
  • Os cultivos a que se dedican as leiras. Unha parcela, pódese dedicar ao cultivo dun único produto (monocultivo) ou de varios (policultivo); utilizar sistemas artificiais de rega (regadío) ou que as plantas unicamente reciban a auga da chuvia (secaño).
  • O hábitat é a forma en que se disponen as vivenda. É disperso se as vivendas están diseminadas polo espazo, como nas adeas; e concentrado cando se agrupan, como nas vilas.
2. Libro de textoFai a actividade no caderno.
  • Claves páxina 239 (1)
  • Interpreta a imaxe. Páxina 236 (1, 2, 3, 4 e 5)
 3.- Mapas.  ÁFRICA. (No mapa  pon o número e entre paréntese o nome da capital). Se non tes os mapas copia os países e a súa capital na libreta. Se non tes a man un mapa político de África preme aquí.
1.      Marrocos.  (................................)
2.      Arxelia.  (................................)
3.      Túnez.  (................................)
4.      Libia.  (................................)
5.      Exipto.  (................................)
6.      Sudáfrica.  (................................)
7.      Guinea Ecuatorial  (................................)
8.      Senegal (................................)
9.      Mozambique.  (............................)
10.  Angola.  (.................................)  
11.  República D. do Congo  (......................)
12.  Quenia.  (................................)
13.  Madagascar. (................................)
Nota: Madagascar non ten este número no mapa. Os que facedes os mapas poñédelle o número que vos aparece no mapa.
 
Sesión 2:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno. O texto que está aquí debaixo hai que copialo no caderno
O espazo urbano
O espazo urbano está formado por cidades.
As cidades e o espazo urbano
Aspectos que diferencian as cidades das vilas e das aldeas:
  • Cantidade de poboación. En España considéranse cidade as localidades que superan os 10.000 habitantes.
  • Tipoloxía dos edificios. Nas cidades predominan os bloques de vivendas e edificios de oficinas.
  • Actividades económicas terciarias e industriais.
  • Influencia sobre o contorno.
2. Libro de textoFai a actividade no caderno
  • Claves. Páxina 239 (2 e 3)
  • Interpreta a imaxe. Páxina 239 (1 e 2)
 3. http://forumgigurrorum.blogspot.com/. Temas 2º ESO - Tema 09. Preme aquí.
  • Vídeo: Toquio. Escribe tres frases no teu caderno. Preme aquí.
  • Actividades. Capitais de África. Repasa as capitais de África traballadas na sesión anterior. Preme aquí.
Sesión 3:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno. O texto que está aquí debaixo hai que copialo no caderno  
 As función e a estrutura das cidades
As funcións das cidades
As funcións das cidades son as actividades socioeconómicas que se realizan no seu espazo urbano.
  • Función industrial. Foi a principal de moitas cidades.
  • Función cultural e educativa. As cidades son centros educativos (universidades).
  • Función político-administrativa. As cidades capitais dun territorio albergan as institucións de goberno.
 2. Libro de textoFai a actividade no caderno
  • Claves. Páxina 241 (1)
 3. http://forumgigurrorum.blogspot.com/. Temas 2º ESO - Tema 09. Preme aquí.
  • Vídeo: Nova York. Escribe tres frases no teu caderno. Preme aquí.
  • Lectura. As cidades máis antigas.  Fai a lectura e contesta as preguntas de comprensión do texto. Fai a actividade no caderno.