Escribe o título do tema no caderno: Tema 9: A civilización grega
0. Copiar o resume do tema 9 (agora deixa os espazos, completarase ao final do tema). Fai a actividade no caderno
GRECIA:
-
-
-
-
-
-
GRECIA:
-
-
-
-
-
-
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno. O texto que está aquí debaixo hai que copialo no caderno ⬇
Os
antigos gregos: onde e cando viviron
O mundo grego
A
civilización grega xurdiu no extremo oriental do mar Mediterráneo no sur da
península dos Balcáns desde este lugar estendeuse polas illas dos mares Exeo e
Xónico, polas costas de Asia Menor e tamén polo Mediterráneo Occidental. Os
gregos chamábanlle a este espazo Hélade,
que significa “o territorio dos gregos”
A
península Balcánica estaba formada por estreitos vales illados entre si por
montañas. Por esta razón, a antiga Grecia nunca constituíu un Estado unificado,
senón que cada val e cada illa formaban un Estado independente.
As
terras gregas eran pouco produtivas. Por iso o mar Mediterráneo converteuse na principal fonte de subsistencia.
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 200 (1 e 2)
- Animacións: Mapa de Grecia. Preme aquí. Parte inferior esquerda (ciudades, islas, montes, puertos, lugares). Vas facendo "clic" sobre cada unha delas, pasas o rato polas situadas no mapa e vas escribindo no teu caderno sobre dúas de cada unha delas (dúas cidades, dúas illas,...)
- Vídeos: O mundo grego. Escribe tres frases no teu caderno. Preme aquí.
- Lecturas: O nome do mar Exeo. Contesta as preguntas no teu caderno. Preme aquí.
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno. O texto que está aquí debaixo hai que copialo no caderno ⬇
As etapas da historia de Grecia
A
historia da antiga Grecia divídese en tres grandes períodos: a época arcaica, a
época clásica e a época helenística.
A
época arcaica
O nacemento das polis
Os
gregos fóronse agrupando en polis,
que eran cidades cun goberno, cunhas leis e cun exército propios. Por iso se di
que as polis eran cidades-Estado.
Dúas
formas de goberno das polis:
- Aristocracia. Goberno dos mellores. A cidade de Esparta foi o mellor exemplo.
- Democracia. A palabra democracia significa “goberno do pobo. A cidade de Atenas foi o mellor exemplo.
A expansión grega
Grecia
vivu un período de crise entre os séculos VIII e VI a. C.
Moitos
gregos emigraron e fundaron numerosas colonias
polo Mediterráneo.
As
colonias establecíanse preto da costa para facilitar o transporte e o comercio.
Tamén buscaban un outeiro desde o que defender a cidade, auga e terreos
fértiles.
Os
gregos fundaron colonias na costa mediterránea da península Ibérica, por
exemplo Emporion (Ampurias)
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 203 (1 e 2)
- Animacións: Colonización grega. Fai "clic" onde pon "Pulsa aquí para ver las áreas colonizadas" e escribe no teu caderno o nome de sete colonias (Punto vermello)
- Vídeo: As polis gregas. Escribe tres frases no teu caderno. Preme aquí.
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno. O texto que está aquí debaixo hai que copialo no caderno ⬇
A
época clásica: Atenas e Esparta
Durante
o século V a. C. e a primeira metade do século IV a. C. desenvolveuse a etapa
da Grecia clásica. Este período caracterizouse polo dominio das polis de Atenas
e Esparta e pola sucesión de guerras.
Atenas, a orixe da democracia
Atenas
constitúe o exemplo máis coñecido de polis democrática.
O
goberno da poli realizábase a través das seguintes institucións:
- A Asemblea. Nela votaban as leis, decidían a guerra e a paz e elixían os gobernantes. Estaba formada polos cidadáns atenienses maiores de 20 anos. As votacións realizábanse a man alzada.
- Os maxistrados. Eran funcionarios que executaban as decisión da Asemblea.
- Os tribunais de xustiza. Eran elixidos por sorteo cada ano.
Unicamente
os cidadáns podían participar na vida política. Gobernante: Pericles
Esparta, una polis aristocrática
Esparta
foi unha das polis máis poderosa de Grecia. Os espartanos dedicaban gran parte
do tempo a prepararse para a guerra.
O
sistema de goberno de Esparta foi a oligarquía
que significa “goberno duns poucos”. Este goberno baseábase en:
Dous reis. Pertencían a dúas familias
distintas e exercían o poder militar e relixioso.
A
época clásica: unha período de guerras
- As Guerras Médicas que enfrontou as polis gregas contra os persas. Concluíron coa vitoria grega.
- A Guerra do Peloponeso. As polis acabaron por dividirse en dous bandos: os partidarios de Atenas e os partidarios de Esparta. A tensión acabou provocando a Guerra do Peloponeso, que concluiu coa vitoria de Esparta.
- Claves. Páxina 205 (1) epáxina 207 (1 e 2)
- Animación: Troia. Fai "clic" en "Comenzar". Na parte superior dereita tes para avanzar ou retroceder. Cando remates fai no teu caderno un pequeno resume.
- Vídeo: Os espartanos. Escribe tres frases no teu caderno. Preme aquí.