1. Copiar o resume do tema 9 (agora deixa os espazos, completarase ao final do tema). Fai a actividade no caderno
GRECIA:
-
-
-
-
-
-
GRECIA:
-
-
-
-
-
-
2. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
TEMA 9: A CIVILIZACIÓN GREGA
Os
antigos gregos: onde e cando viviron
O mundo grego
A
civilización grega xurdiu no extremo oriental do mar Mediterráneo no sur da
península dos Balcáns desde este lugar estendeuse polas illas dos mares Exeo e
Xónico, polas costas de Asia Menor e tamén polo Mediterráneo Occidental. Os
gregos chamábanlle a este espazo Hélade,
que significa “o territorio dos gregos”
A
península Balcánica estaba formada por estreitos vales illados entre si por
montañas. Por esta razón, a antiga Grecia nunca constituíu un Estado unificado,
senón que cada val e cada illa formaban un Estado independente.
As
terras gregas eran pouco produtivas. Por iso o mar Mediterráneo converteuse na principal fonte de subsistencia.
3. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 200 (1 e 2)
Sesión 2:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
As etapas da historia de Grecia
A
historia da antiga Grecia divídese en tres grandes períodos: a época arcaica, a
época clásica e a época helenística.
A
época arcaica
O nacemento das polis
Os
gregos fóronse agrupando en polis,
que eran cidades cun goberno, cunhas leis e cun exército propios. Por iso se di
que as polis eran cidades-Estado.
Dúas
formas de goberno das polis:
- Aristocracia. Goberno dos mellores. A cidade de Esparta foi o mellor exemplo.
- Democracia. A palabra democracia significa “goberno do pobo. A cidade de Atenas foi o mellor exemplo.
A expansión grega
Grecia
vivu un período de crise entre os séculos VIII e VI a. C.
Moitos
gregos emigraron e fundaron numerosas colonias
polo Mediterráneo.
As
colonias establecíanse preto da costa para facilitar o transporte e o comercio.
Tamén buscaban un outeiro desde o que defender a cidade, auga e terreos
fértiles.
Os
gregos fundaron colonias na costa mediterránea da península Ibérica, por
exemplo Emporion (Ampurias)
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 203 (1 e 2)
Sesión 3:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
A
época clásica: Atenas e Esparta
Durante
o século V a. C. e a primeira metade do século IV a. C. desenvolveuse a etapa
da Grecia clásica. Este período caracterizouse polo dominio das polis de Atenas
e Esparta e pola sucesión de guerras.
Atenas, a orixe da democracia
Atenas
constitúe o exemplo máis coñecido de polis democrática.
O
goberno da poli realizábase a través das seguintes institucións:
- A Asemblea. Nela votaban as leis, decidían a guerra e a paz e elixían os gobernantes. Estaba formada polos cidadáns atenienses maiores de 20 anos. As votacións realizábanse a man alzada.
- Os maxistrados. Eran funcionarios que executaban as decisión da Asemblea.
- Os tribunais de xustiza. Eran elixidos por sorteo cada ano.
Unicamente
os cidadáns podían participar na vida política. Gobernante: Pericles
Esparta, una polis aristocrática
Esparta
foi unha das polis máis poderosa de Grecia. Os espartanos dedicaban gran parte
do tempo a prepararse para a guerra.
O
sistema de goberno de Esparta foi a oligarquía
que significa “goberno duns poucos”. Este goberno baseábase en:
Dous reis. Pertencían a dúas familias
distintas e exercían o poder militar e relixioso.
A
época clásica: unha período de guerras
- As Guerras Médicas que enfrontou as polis gregas contra os persas. Concluíron coa vitoria grega.
- A Guerra do Peloponeso. As polis acabaron por dividirse en dous bandos: os partidarios de Atenas e os partidarios de Esparta. A tensión acabou provocando a Guerra do Peloponeso, que concluiu coa vitoria de Esparta.
- Claves páxina 205 (1) epáxina 207 (1 e 2)
Sesión 4:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
Época
helenística
As conquistas de Alexandre Magno
Macedonia
era un reino situado ao norte de Grecia.
O
rei Filipo II de Macedonia decidiu aproveitarse da debilidade en que estaban
sumidas as polis gregas despois de décadas de enfrontamentos internos. Someteu
a todas as polis salvo Esparta. O seu fillo, Alexandre Magno alcanzou o val do Indo e formou un gran imperio que
se estendía por Persia, Mesopotamia, Siria e Exipto.
O helenismo
Chamámoslle
helenismo a esta expansión da cultura
grega por Asia e polo norte de África e a fusión da cultura grega coa cultura oriental.
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 209 (1 e 2)
Sesión 5:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
A
sociedade e a economía gregas
Unha sociedade desigual
A
sociedade grega estaba dividida en dous grupos: os cidadáns e os non cidadáns.
- Os cidadáns. Eran unha minoría. Participaban na vida política, gozaban de todos os dereitos e tamén tiñan a obriga de pagar impostos. Eran os homes nacidos na polis.
- Non cidadáns. Eran a maior parte da poboación. Non podían participar na política.
- Estranxeiros. Eran persoas libres. Pagaban impostos e formaban parte do exército, aínda que non podían posuír terras nin casas. Dedicábanse ao comercio e a artesanía.
- Escravos. Non eran persoas libres. Adoitaban ser prisioneiros de guerra ou fillos de escravos. Eran empregados na agricultura, nas minas e no servizo doméstico.
- Mulleres. Podían ser libres ou escravas, pero todas carecían de dereitos. Non podían intervir en política, votar ou asistir a espectáculos públicos.
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 210 (1 e 2)
- Interpreta as imaxes páxina 211 (1 e 2)
As actividades económicas
O
terreo grego era moi pobre. A agricultura especializouse en tres productos:
trigo, vide e oliveira. As explotacións agrícolas eran pequenas e os campesinos
vivían humildemente.
Os
habitantes das cidades dedicábanse sobre todo á artesanía e ao comercio.
- Artesanía. Os gregos elaboraban cerámicas e tecidos.
- Comercio. Nos intercambios comerciais os gregos utilizaban moedas de prata chamadas dracmas.
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 210 (3)
Sesión 7:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
As
crenzas
Os deuse gregos
Os
gregos eran politeístas, é dicir,
crían na existencia de numerosos deuses.
Os
deuses tiñan aspecto humano e, aínda que eran inmortais.
Os
deuses e as deusas gregas máis importantes residían no monte Olimpo. Zeus, deus do ceo, era o deus principal.
Da
unión dun deus e dun humano nacían os heroes
como Aquiles, Ulises.
Tamén
crían na existencia de criaturas fantásticas como os cíclopes e os centauros.
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 212 (1 e 2)
- Faino así páxina 213 (1 e 2)
Sesión 8:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
A
arquitectura grega: o templo
O templo grego
As
divinidades residían nos templos. Os templos tiñan as seguintes
características:
- Construíanse principalmente en mármore branco e pintábanse de cores.
- Tiñan forma rectangular e construíanse sobre una plataforma.
- Eran máis pequenos ca os templos exipcios.
- Teitos alintelados, é dicir, planos.
- Tellados a dobre vertente.
As ordes gregas
Para
lograr a harmonía e a beleza, os arquitectos gregos construían segundo unhas
estritas regras matemáticas, denominadas ordes.
Había tres ordes: dórica, xónica e corintia.
Templo:
Partenón, acrópole de Atenas.
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 200 (1 e 2)
Sesión 9:
1. Subliña no libro de texo (lapis) e copia no caderno.
O
urbanismo grego
A cidade grega
Polo
xeral situábanse preto do mar. As rúas eran estreitas e retortas. A vida
organizábase arredor da ágora e da acrópole.
- A ágora era a praza onde se celebraba o mercado e o lugar en que a poboación se reunía para pasear ou para falar.
- A acrópole era un recinto amurallado situado no lugar máis elevado da cidade, de fácil defensa en caso de ataque. Na acrópole situábanse os templos e algúns dos edificios máis importantes.
A
escultura
Os
escultores gregos interesáronse por mostrar a beleza ideal do corpo humano
espido.
Os
materiais máis utilizados polos escultores foron o bronce e o mármore. A
maioría das esculturas de bronce perdéronse, pero podemos saber como eran
grazas ás copias en mármore que fixeron os romanos.
Escultura:
Discóbolo de Mirón.
2. Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Claves páxina 200 (1 e 2)