1º ESO: Semana 11

Repaso. Tema 7:  A Prehistoria

1.- Identifica os números da imaxe. Pon o nome a cada número: 
Cestería, cerámica, agricultura, gandaría, aldea. Paleolítico ou neolítico? 


2.- Identifica os números da imaxe. Pon o nome a cada número: 
Recolección, caza, pesca, lume, pintura rupestre, pedra tallada. Paleolítico ou neolítico?



3.- Fai a ficha repetidor/a. Aínda que na ficha poña "Repetidor" é para facer todo o alumnado. Non copies nin as preguntas nin os enunciados, só as respostas. Entre parénteses aparece o número de letras que ten a resposta. 
Escolle dez preguntas do apartado 1.- Atopa a palabra e outras dez do apartado 2.- Elixe a resposta. Pon o número da pregunta que ten na ficha.
Preme aquí. Fai a actividade no caderno.