ACTVIDADES
Cando
lle mandedes un "whatsapp" a un compañeiro-a de clase preguntádelle se
está facendo as actividades de Xeografía e Historia e se a contestación é
non. Seguro que sabesdes como "axudarvos" para facelas.
- Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Libro de texto. Fai a actividade no caderno
- Interpreta os gráficos: páxina 222 (1º punto) e páxina 226 (1,2 e3).
- Saber facer páxina 226 Faino así (1,2,3 e 4).
- Claves das páxinas 223 (1 e 3) e 227 (1 e 2)
Facer o gráfico:
- Dúas liñas paralelas en vertical de 18 cadradiños no centro da folla da libreta deixando tres cadradiños entre elas.
- Na parte inferior de cada unda delas, unha liña horizontal de 14 cadradiños para cada lado.
- Nas liñas verticais fai unha marca cada dous cadrados e entre as marcas que fixeches vas escribindo. 0-9, 10-19, 20-29, 30-39, 40-49, 50-59, 50-69, 70-79 , +80. Lembra que a numeración faise de abaixo para enriba.
- Nas liñas horizontais fai unha marca cada dous cadradiños e vas anotando debaixo da marca de vinte en vinte: 20, 40, 60, 80, 100, 120, 140.
- Enriba á esquerda da liña vertical escribes: HOMES e a dereita da outra liña vertical escribes MULLERES.
- Completa cos seguintes datos: Homes de: 0-9 (11), 10-19 (20), 20-29 (27), 30-39 (41), 40-49 (32), 50-59 (57), 60-69 (94), 70-79 (98), +80 (48). Mulleres 0-9 (8), 10-19 (13), 20-29 (27), 30-39 (25), 40-49 (35), 50-59 (50), 60-69 (60), 70-79 (94), +80 (125).
- Debaixo escribe os seguintes datos: POBOACIÓN TOTAL: 884. HOMES: 448. MULLERES: 436