Sabías que...? Idade Antiga: Primeiras civilizacións

PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS

- Os reis eran frecuentemente enterrados cos seus servintes na mesma tumba e que nos enterramentos reais de Ur hai pequenas copas preto da osamenta dos servintes do rei que posiblemente
contiñan veneno?
- A escritura xeroglífica usouse en Exipto ata o século IV d. C. a partir desta data non se volve a empregar?

- No século XIX o francés Champollion deu descifrado e escritura xeroglífica e que foi posible porque se atopou a Pedra Rosetta que contiña un mesmo texto en escritura xeroglífica e grega?

- Ao construír a presa de Assuán houbo que trasladar monumento exipcios para que non foron sepultados polas augas?

- A pirámide de Keops, a máis grande, mide 146 m de alto, cada lado da base 230 m, empregáronse dous millóns de bloques de pedras e que cada bloque peso uns 2.300 kg?

- No antigo Exipto os pais mantiñan no seu fogar a tódos os seus fillos, preocupábanse de ensinarlles un oficio e concertar o seu matrimonio e as fillas debían coidar dos pais ao seren vellos e garantírlles a súa momificación?.
- Algúns dos deuses exipcios eran: Horus (deus do ceo), Osiris (deus dos mortos), Ra (deus do Sol), Isis (deusa da fidelidade)?

- A vide era un dos cultivos máis apreciados en Exipto e parece ser que xa ao redor de 3.000 a. C. xa se utilizaban as uvas para elaborar viño e se secaban para comelas como pasas?

- A Torre de Babel era un zigurat de Babilonia que medía 90 m de alto?

- Hammurabi, rei de Babilonia, no 1793 a. C. subiu ao trono e fixo un código e algúns dos seus artigos son: Seun un señor destrúe o ollo dun membro a aristocracia perderá un dos seus ollos. Se destrúe un ollo dun plebeo ou lle rompe un óso, pagará unha moeda de prata. Se un médico leva a cabo unha operación de importancia nun señor cunha lanceta de bronce e causa a súa morte, cortaráselle a man.?

- En Mesopotamia inventaron a roda, o arado e a escritura?

- A Gran Muralla China mide uns 6.000 km de longo que a súa construcción empezou no século VII a. C. e que é a única construción visible dende o espazo?

- Gardando a tumba do emperador chinés Quin Shui Hugandi hai un “exército” de 3.000 arqueiros, 6.000 infantes e cabalos de tamaño real feitos en arxila gris cocida a temperatura moi elevada e que as súas mans, cabezas e os tocados facíanse a parte e posteriormente adaptábanse a cada corpo e que en todo o numeroso exército non se atopan dúas caras iguais sendo as súas armas reais e feitas en bronce?