Sabías que...? Idade Moderna: O século da razón

IDADE MODERNA: O SÉCULO DA RAZÓN



- O rei español Felipe V abdicou no seu fillo Luis I porque tiña pretensións pola coroa de Francia pero tivo que volver a ocupalo trono español porque o seu fillo morreu aos poucos meses de ser nomeado rei?

- Esquilache, un ministro de Carlos III intentou poñer en marcha un programa de seguridade cidadá en Madrid e empezouse por prohibir que a xente andivese polas rúas con armas e que os homes usasen capas longas e sombreiros de ala ancha . O uso destas prendas facía irrecoñecible á xente polo que podían cometer toda clase de delitos e que a xente se rebelou e o rei tivo que destituír a Esquilache e autorizar que cada quen se vestise como quixese?

- Ata o século XVIII non había tendas de roupa a maior parte da xente facíaa na súa casa ou no caso dos nobres un sastre ía á casa a tomárlle-las medidas. A idea de facer roupa e poñela á venda naceu en Londres en 1.700 e esas primeiras prendas eran moi folgadas porque así podían servirlle a xente de diferentes tamaños. A idea tivo éxito e chegou a París no ano 1.770 e alí introduciron o concepto de talla de forma que cada prensa se facía en tres ou catro tamaños diferentes. En Francia esta roupa chamouse “prêt a porter” que significa lista para levar e que aínda hoxe se denomina así con frecuencia en todo o mundo?