Sabías que...? Xeografía: As augas

AS AUGAS
# Máis da metade dos lagos do mundo están en Canadá?

# O mar Caspio, o mar Morto e o mar Aral non son mares, senón lagos e que o Caspio é o maior lago do mundo?

# O lago Baikal en Rusia contén máis auga que os 5 Grandes Lagos de Norteamérica xuntos (Superior, Hurón, Míchigan, Erie e Ontario), a pesar de que a súa superficie é case 8 veces menor. Iso débese a que a súa profundidade media é 8 veces maior. De feito é o lago máis profundo do mundo e contén case o 20% da auga doce do planeta?

# Os Grandes Lagos conteñen preto de 35,000 illas?. A maior delas Manitoulin ten á súa vez 108 lagos, algúns dos cales teñen illas cos seus propios lagoos?

# O Amazonas é o río máis caudaloso de todo o planeta, é dicir, o río que máis auga leva, cun caudal medio é duns 219000m²/s chega a ser o responsable dunha quinta parte de toda a auga vertida aos océanos?

# A marea alta repítese cada 12 horas e 25 minutos, en calquera punto do planeta e que ese tempo é a metade do que emprega a Lúa para regresar aproximadamente á mesma posición (en dar unha volta á Terra)?