# Os lexionarios romanos ó chegar a Limia como estaba toda cuberta de néboa negáronse s seguir avanzado porque pensaba que se a atravesaban ían perde-la memoria tivo que intervi-lo xefe da expedición Décimo Xunio Bruto quen atravesou primeiro e logo foi chamando ós lexionarios polo seu nome?# Os romanos sacaban uns 6.500 kilos de ouro o ano de Galicia e así durante case 250 anos?# Das Médulas os romanos chegaron a extraer o 10% do total do ouro de todo o imperio?# No Monte Medulio (non se coñece a súa localización exacta) foi o último lugar onde os galegos se resistiron ós romanos e que ante a derrota preferiron a morte a entregarse?# A vía (calzada) XVIII unía Braga e Astorga e pasaba por Valdeorras?# A ponte sobre o río Bibei foi feita na época de Traxano e ten 75 m de longo e 7 m de ancho cunha altura de 22,5 m e que se conserva ata hoxe sen ningunha reparación?# Os miliarios eran pedras verticais que se colocaban na beira das calzadas para indicar a distancia en millas, de aí o seu nome e que nos miliarios colocados preto da Ponte do Bibei indica 94 millas de alía a Astorga?# Montefurado chámase así porque os romanos perforaron o monte para desviar o cauce do río Sil e así extraer o ouro no cauce seco?# Os romanos establecéronse no Forum Gigurrorum (A Rúa) e que o nome venlle da tribo celta dos cigurros que alí vivía?# No muro da casa que está enfronte da igrexa de A Rúa (San Estebo) hai unha lápida romana que apareceu preto da ponte da Cigarrosa e que é o testamento dun tal Lucio Pompeio Reburro?
# A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña. A súa altura total é de 68 m e data do século I, que ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo e que o 27 de xuño de 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidade?# A citania do Monte Santa Tecla foi descuberta e comezada a escavar en 1913. Debeu ser un importante poboado mineiro pre-romano, tendo ademais unha excelente localización estratéxica grazas a controlar a desembocadura do río Miño desde os seus 200 metros de altura. O apoxeo desta poboación prolongouse ata o século II de nosa era, en que caeu no esquecemento. O castro estaba fortemente defendido por unha muralla, fosos e torres. No interior do recinto amurallado, sen apenas espazo entre elas, situábanse as vivendas, perfectamente distribuídas xa que se atoparon pequenas rúas e prazas. Calculouse que no seu interior habitaría unha media de 250 individuos. As vivendas presentan distinta tipoloxía que obedecen á diferente función que tería para os habitantes: vivenda, almacén, etc.
A maioría das casas dos castros eran pequenas e circulares. A parte baixa da construción realizábase a base de pedras irregulares de tamaño medio. Cubertas de brezo ou palla, no interior das vivendas desenvolvíase a vida cotiá, ao redor dun lume central rodeado por bancos corridos. A citania de Santa Tecla foi declarada Monumento histórico-artístico en 1931?
# En 1921 a muralla foi declarada Monumento Nacional, o 30 de novembro do 2000 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O conxunto defensivo ten unha lonxitude de máis de 2 km, exactamente 2.117 m, aínda que hai diverxencias na medida, e abarca unha extensión de 34,4 Ha. A anchura dos muros é de 4,20 m alcanzando os 7 m nalgúns tramos. A muralla mantén unha serie de torres defensivas entre as cales levántanse os lenzos da mesma. A distancia entre torres, hai constancia de que había 85 ou 86, 46 delas consérvanse íntegras mentres que hai restos das outras 39 máis ou menos mellor conservados, varia entre os 8,80 e 9,80 metros ata os 15,90 e 16,40 metros cunha altura entre os 8 e os 12 metros pola parte exterior. As torres teñen unhas dimensións de 5,35 metros ata 12,80 metros no oco ou segmento, e de 4,80 ata 6 metros, na frecha. Unha das torres ten ventás de medio punto de 1,15 m de ancho e de 1,43 m de alto (algún chega aos 1,53 m). A muralla dispuña de cinco portas de acceso que correspondían ás vías principais do trazado urbano. Entre 1853 e 1921 abríronse outras cinco por necesidades da expansión da cidade, das dez portas existentes, seis son peonís e catro permiten o tráfico rodado. Na época romana había cinco portas que coinciden coas actuais de Porta Miñá, Porta Falsa, Porta de San Pedro, Porta Nova e Porta de Santiago. Delas Pórta Miñá e, posiblemente, a Falsa son de factura orixinal, as outras tres son posteriores. As portas abertas a partir de 1853 son as de San Fernando (1853), a Estación (1875), Bispo Esquerdo (1888), Bispo Aguirre (1894) e Bispo Odoario (1921)?