Sabias que...? Xeografía: A representación da Terra

A REPRESENTACIÓN DA TERRA
# Os primeiros libros de mapas tiñan na cuberta un gravado dun heroe mitolóxico chamado Atlas, cargando ao mundo e que por este motivo chamamos atlas aos libros que conteñen mapas?
# É imposible facer que un mapa plano represente perfectamente a superficie terrestre e se non o creés, intenta.A envolver unha pelota de fútbol cunha folla sen engurrar o papel?
# O motivo para elaborar o que poderiamos considerar o mapa máis antigo foi a necesidade de obter grandes anacos de rocha para a construción de estatuas polo que Ramsés IV, preparou unha magnifica expedición cara a area de Wadi Hammamat, no deserto Oriental, lugar extremadamente rico en rochas do tipo utilizado para os monumentos exipcios. Ante esta tarefa Amennakhte, un escriba de alto rango, utilizou un papiro para debuxar un mapa da rexión e así documentar a organización da expedición. O mapa, que reflicte unha extensión de 15 quilómetros da zona de Wadi, detalla con énfase pobos, rutas e zonas mineiras, todo catalogado cunha serie de inscricións que sinalan distancias, tipos de rochas e características do terreo -converténdoo ao mesmo tempo nun mapa xeolóxico- e que actualmente atópase no Museo de Turín?

# Os babilónicos, cara o ano 2.300 a. C.,fixeron, en táboas de barro, uns "mapas" que consistían en medicións de terras para cobrar os impostos?

# Polo ano 1.000 a. C., tamén en Babilonia (actual Iraq) fíxose un mapa onde dentro dun círculo estaba o mundo coñecido e fóra o mar?# O primeiro mapa “con todo o mundo coñecido” foi feito no século VI a. C. por Anaximandro en Grecia?

# Mercator foi un cartógrafo flamenco (actual Bélxica) que descubriu como mostrar o globo terráqueo nun mapa liso?
# Na autovía A2 que une Madrid con Zaragoza, Lleida, Barcelona e outras cidades do nordeste da Península hai un punto que coindice co paso do meridiano de Greenwich. Este punto está situado en Aragón, preto de Zaragoza, entre as localidades de Bujaraloz e Peñalba e que varios letreiros o anuncian quilómetros antes de chegar?

# Desde 1884, a pequena cidade de Greenwich, moi preto de Londres, marca a liña que divide ao mundo en dous hemisferios?

# Greenwich, un enclave urbano londinense situado na ribeira sur do río Támesis, e a só 15 quilómetros de Londres, é visitado non polas súas belas torres nin polos seus mercados, senón por ser o lugar onde se erixiu o Real Observatorio de Greenwich?