Sabías que...? Xeografía: Catástrofes naturais

CATÁSTROFES NATURAIS
# O terremoto máis longo durou 4 minutos, que se produciu o 27 de marzo de 1964 en Alaska e que matou a 115 persoas?

# A onda sísmica máis alta alcanzou a altura de 85 metros e que se produciu o 24 de abril de 1971 na illa Ishigaki (Xapón)?

# A onda sísmica máis veloz alcanzou a velocidade de 900 km/h?

# Os terremotos de maior intensidade, segundo a escala de Richter, foron os de: Colombia (1906) 8,9, Morioka, Xapón (1933) 8,9, Lisboa, Portugal (1755) 8,75 e Asma, Indiia (18979 8,7?

# Os terremotos que ocasionaron máis vítimas mortais foron os de Shansi, China (1556) 830.000 vítimas, Calcuta, India (1737) 300.000 vítumas, Tangshan, China (1976) 255.000 vítimas.

# No ano 2000 producíronse na área da península ibérica un total de 1 348 sismos, e que foi nos meses de xaneiro e febreiro nos que máis ocorreron, 190 e 146, respectivamente?# O volcán máis alto que se coñece non está na Terra, é o Monte Olimpo e está en Marte e alcanza unha altura de 27 km?# Podemos obter beneficio dos volcáns cos materiais expulsados xa que se pode obter pedras de moer, abrasivos industriais, obxectos de aseo, revestimentos de fornos, etc... e tamén se poden aproveitar as augas termais para usos medicinais e para obter enerxía eléctrica e calefacción?

# A lava está quente porque vén do interior da Terra e, canto máis nos penetramos nela, a temperatura vai aumentando?

# Un volcán pode "vivir" centos de miles de anos e que o Etna (Italia) ten unha idade aproximada de 300.000 anos?

# Cando un volcán vai entrar en erupción podemos observar varios signos que permiten sabelo: rexístranse variacións de temperatura, deformacións do chan, aumentan os tremores de terra, emiten máis gas, os animais mostran signos de nerviosismo e a auga das fontes desaparece ou cambia de composición?

# Os volcáns poideron causar a desaparición dos dinosauros aínda que noon se sabe con seguridade fai 65 millóns de anos producíronse na Terra dúas catástrofes ao mesmo tempo: o impacto dun gran meteorito na zona do Golfo de México e unha serie de violentas erupciones volcánicas na India e que os científicos estudan en que medida influíron neste feito cada un destes dous sucesos?

# O primeiro vulcanólogo foi Plinio o Mozo quen no ano 79 contemplou a erupción do Vesubio desde 30 Km de distancia e escribiu varias cartas contando as súas observacións?