# Non existe o Río de Xaneiro que lle deu nome á cidade?.
# Cando os portugueses descubriron esta rexión de Sudamérica en xaneiro de 1502, creron chegar á desembocadura dun río ao cal chamaron río de Xaneiro (Janeiro en portugués)?
# Non se trata dun río senón dunha bahía chamada actualmente Guanabara?
# O iceberg máis alto foi visto en Groenlandia en 1.958 e medía 167 m.?# O iceberg máis grande tiña máis de 335 km de longo e 97 km de ancho (unha superficie tres veces máis grande que a illa de Chipre)?# O lago máis profundo é o Baikal en Siberia e ten unha profundidade máxima de 1.620 m., máis de cinco veces a altura da torre Eiffel?# O Amazonas verte ó mar 180.000 m³ de auga cada segundo?# O 29 de maio de 1.953 o neozelandés Edmund Hillary e o sherpa Tensing Norgay alcanzaron o cume do Everest por primeira vez na historia?# O 11 de decembro de 1.911 o noruegués Roald Amundsen foi a primeira persoa que chegou ó Polo Sur?# A Antártida non pertence a ninguén e que en 1.959 un grupo de países acordaron conservar esta terra so para usos pacíficos?# A grande barreira de arrecifes, situada fronte a Australia, é cos seus 2.000 km, a estructura máis longa construída por animais (máis de 400 tipos de corais)?# No océano Pacíficos hai máis de 25.000 illas, aínda que só están unha parte moi pequena habitadas?.# Nos xeados cumes do Himalaia, o sistema montañoso máis alto do mundo, encóntranse enterrados antigos fósiles de animais mariños. Durante as eras paleozoica e mesozoica (que comprenden desde os 570 ó 65 millóns de anos) as rochas que forman actualmente o Himalaia eran os sedimentos que estaban no fondo dos antigos mares?# Hoxe, máis de 30 picos do Himalaia chegan a altitudes superiores ós 7.620 m?# Un destes cumes, o Monte Everest, é a montaña máis alta do mundo, con 8.848 m?# O Himalaia formouse porque uns antigos depósitos mariños eleváronse cando a India, entón unha illa, na súa traxectoria cara o norte colisionou co continente asiático.?# A fase principal do levantamento comezou hai 65 millóns de anos e aínda continúa, pero as tasas da elevación decreceron desde hai 12 millóns de anos.?