Monet

CLAUDE MONET (1840-1926)  A importancia de Monet dentro da historia da Arte vese en ocasións "esquecida" polo feito de que ante a súa obra o espectador tende a ver só a irresistible beleza que emana do lenzo, esquecendo o complexo estudo que Monet facía da pintura (un "defecto" que o propio Monet propiciou ao declarar "non entendo por que a xente quere entender as miñas pinturas, cando é suficiente con gozalas"). No entanto, os experimentos de Monet, en particular os seus estudos sobre os cambios de luz sobre un mesmo obxecto ao longo do día, e a calidade case abstracta das súas "nenúfares" son un prólogo da pintura do século XX. Unha pintua súa do porto do Havre títulada "Impresión, sol nacente", deulle nome ao movemento impresionista. Coñece a súa obra: