Lugares: Buda de Leshan

O gran Buda de Leshan é a estatua esculpida en pedra de Buda máis alta do mundo. Foi construída durante a dinastía Tang (século VIII).

Está tallada nun cantil que se atopa nas confluencias dos ríos Min Jiang, Dadu e Qingyi, na parte sur da provincia chinesa de Sichuan, preto da cidade de Leshan. A escultura está fronte ao monte Emei e a auga dos ríos discorre polos pés do Buda.

A talla, que ten unha altura de 71 metros, representa a un Buda coas mans apoiadas sobre os xeonllos. Os ombreiros miden 28 metros de ancho e o máis pequeno dos dedos do pé é suficientemente ancho como para que se poida sentar nel unha persoa.

O Buda tiña ao seu cargo facer máis lentas as mareas, protexer os barcos e impedir a inundación da aldea veciña. A construción iniciouse no ano 713 e estivo dirixida por un monxe chamado Haitong. Este monxe esperaba que Buda acougase as augas turbulentas que esnaquizaban aos barcos que navegaban polo río. A estatua foi completada polos seus discípulos 90 anos máis tarde. Parece ser que os restos de rocha resultantes da construción da estatua fóronos botando no río e isto alterou a corrente, converténdoa en máis segura para a navegación. (Wikipedia)