Arquitectura gótica

ARQUITECTURA GÓTICA (finais século XII ata o século XV). O vocábulo «gótico» é o adxectivo correspondente a godo e foi utilizado por primeira vez polo tratadista florentino Giorgio Vasari (1511-1574), quen usou, sentido peiorativo,  este termo para denominar a arquitectura anterior ao Renacemento.
A arquitectura gótica puxo especial énfase na lixeireza estrutural e a iluminación das naves do interior dos edificios. Os dous elementos estruturais básicos da arquitectura gótica son o arco apuntado ou oxival e a bóveda de cruzaría, cuxos empuxes, máis verticais que o arco de medio punto, permiten unha mellor distribución das cargas e unha altura moi superior os edificios.