ARQUITECTURA GREGA (primeiro milenio a.C.- século II a.C.). Na evolución da arquitectura grega distínguense tres períodos:
- Período Arcaico: ata o século VI a.C.
- Período Clásico: séculos V - IV a.C.
- Período Helenístico: séculos IV- II a.C.
- É unha arquitectura adintelada, aínda que coñecen a bóveda non a utilizan.
- É monumental, pero non colosal como Exipto.
- É moi equilibrada está feita cunha medida, cun canon.
- É froito dun traballo en equipo, o que fai que sexa unha arquitectura dunha gran perfección, con moita harmonía. Isto foi conseguido principalmente na época clásica. Ao ser unha arquitectura armoniosa é unha arquitectura bela.
- O material é fundamentalmente a o mármore branco, pero tamén se utilizaron outros materiais. Omármoe era despois pintado. O aparello é cunha sillería regular e uniforme.
- Vai levar sempre elementos decorativos: cenefas, rosetas, ovas, perlas, palmetas...