Waterhouse

JOHN WILLIAM WATERHOUSE (1849-1917). Pintor británico, aínda que naceu en Roma. Fillo de artistas, os seus comezos como pintor estiveron influídos polo neoclasicismo victoriano. Na fase seguinte é un pintor prerrafaelita. Máis tarde estivo atraído polo planairismo dos impresionistas franceses. Se ao principio da súa carreira dedicouse a temas da antigüidade clásica, máis adiante abordou os literarios, sempre cun estilo suave e misterioso, imbuído de romanticismo, que permiten encadralo dentro do simbolismo. Pintor famoso en vida, a súa fama decaeu durante o século XX. A fins desta centuria produciuse con todo unha revalorización das súas achegas á historia da pintura. Coñece a súa obra: