Personaxes: Hans Conrad Schumann


Hans Conrad Schumann (1942-1998) foi a primeira persoa en escapar da República Democrática Alemá (RDA). A súa fuga a inmortalizó o fotógrafo Peter Leibing.

O 15 de Agosto de 1961, con 19 anos, estaba como sentinela do muro de Berlín, o cal atopábase no seu terceiro día de construción. Nesta etapa, o muro non era máis que un pequeno valo de arame de espino que foi a que saltou Schumann.

Conrad Schumann apartouse o máis que puido da fronteira e estableceuse en Baviera. O 20 de xuño de 1998, padecendo unha depresión, suicidouse no seu xardín cando xa desaparecera o muro e Alemaña estaba xa reinificada.

A foto foi un símbolo da Guerra Fría e mereceu o premio á mellor fotografía de 1961 do Overseas Press Club.