Personaxes: Nguyen Ngoc Loan

A imaxe foi tomada polo fotógrafo Eddie Adams o 1 de febreiro de 1.968, en Saigón (Vietnam).
O home que ten a pistola na man é o xeneral Nguyen Ngoc Loan, da policía survietnamita (aliados de EEUU). Ao que lle apuntan é un prisioneiro do Vietcong, recentemente capturado polo xeneral, a piques de ser executado.

Esta terrible imaxe é unha das iconas da Guerra de Vietnam (1959-1975), e foi merecedora do premio Pulitzer en 1969. A imaxe converteuse nunha icona na que dúas persoas: un executor e unha vítima representaban o mal que lle ía a guerra aos EEUU.

O que quizais non é demasiado coñecido acerca desta foto é a historia que ten detrás. E é que o fotógrafo Eddie Adams non estaba de acordo coa interpretación obvia da súa foto: 
"O xeneral matou a un Vietcong coa pistola. Eu matei ao xeneral coa miña cámara fotográfica. A fotografía é a arma máis poderosa do mundo. A xente creas, pero as fotos menten, ata sen ser manipuladas. Só son medias verdades.
O que a fotografía non preguntaba era: Que farías ti de ser o xeneral naquel momento e de ser ti o que capturou ao suposto tipo malo despois de que voase polo aire a un, dous ou tres soldados americanos?".
...