O  Deserto dos Pináculos "Pinnacles Desert" atópase a uns 250 quilómetros  da cidade de Perth (Australia) e aínda máis próximo ao pobo pesqueiro de  Cervantes (17 km de distancia), antiga colonia española da que xa só  mantén o seu nome. A pesar da proximidade á civilización, este peculiar  deserto de monólitos de pedra pasou practicamente desapercibido ata  finais de 1960, cando pasou a formar parte do Parque Nacional Nambung;  aínda que a primeira noticia dos pináculos atópase en diarios dos  exploradores holandeses do ano 1600.
 Ao longo de 26 quilómetros de costa podemos atopar miles destes  pináculos, formados fai miles de anos. Os pináculos están compostos por  unha acumulación de cunchas de moluscos mariños e erosionados polo paso  do tempo cando as augas seretiraron do lugar. Hainos de todo tipo e  tamaño, desde os máis pequenos que apenas levantan un palmo do chan ata  os máis impoñentes, de ata catro metros de altura.
 A mellor estación para ver Os Pináculos é a primavera (desde agosto a outubro -lembra que estamos no hemisferio sur-), xa que a temperatura é máis suave e as flores silvestres están  en flor. As mellores horas para visitar o deserto son ao amencer e á  tardiña, cando as alargadas sombras parecen bailar sobre a dourada area e  os pináculos brillan bañados polo alaranxado sol, creando no seu  conxunto unha visión realmente única.
 Lugares: Pinnacles Desert
Lugares: Pinnacles Desert

 
 


