Xuízo a un morto

Estamos no período ao que o cardeal César Baronio, nos seus famosos Annales ecclesiastici cualificou como un saeculum ferreum, plumbeum e obscurum. Nunha Italia desorganizada, onde o único centro de poder permanente era a sede papal en Roma.

Tras a morte do Papa Esteban V, foi nomeado como sucesor un home ancián de recoñecida austeridade e pureza de costumes, aínda que tamén de carácter ambicioso. O bispo de Porto (antigo Portus Augustu en Italia), Formoso, tomaría o asento baleiro da Igrexa católica o 19 de setembro de 891. Nesa época considerabase impropio o traslado dun bispo dunha diocese a outra. Era o papa 111 na historia da Igrexa.
Desde a Igrexa víase con malos ollos a figura de Guido III de Espoleto, rei-emperador de Italia desde o ano 889. Con todo, a imposibilidade de realizar algún movemento na súa contra, obrigou ao Papa Formoso a recoñecelo como rei e ao seu fillo Lamberto como lexítimo herdeiro.
Os excesos da familia Espoleto levaron a Formoso a solicitar axuda ao nobre alemán Arnulfo de Carantania e ao rei da Francia Oriental. Atraversando os Alpes, Arnulfo chega ata as portas de Roma, cidade que toma sen resistencia por parte dos Espoleto que se retiran ao sur de Italia para preparar un contraataque.
Pero pronto Arnulfo cae vítima dunha estraña enfermidade que o deixou paralizado na cama, obrigándolle a retirarse de Roma, este feito é aproveitado pola familia Espoleto para recuperar o poder. Esta situación deixa ao papa nunha delicada situación, tanto é así que Formoso é asasinado o 4 de abril de 896.
O proceso xudicial contra o Papa Formoso tivo lugar 9 meses logo do seu falecemento; dando lugar a un dos episodios máis rechamanates da historia da Igrexa e que posteriormente sería coñecido omo "Concilio Cadavérico" ou da morte. O rei de Italia, Lamberto de Espoleto xunto coa súa nai Agiltrude e o actual -e sucesor de Formoso- Papa, Bonifacio VI, ordenaron exhumar o cadáver debido aos délitos cometidos contra a Igrexa e a familia Espoleto.
O proceso levouse a cabo baixo o pontificado de Esteban VI xa que o papado de Bonifacio VI durou só 15 días.
En marzo de 898 a tumba de Formoso foi profanada, o corpo do defunto papa foi revestido coas pezas papais e sentado no seu correspondente trono, abríndose o proceso.
Na sala do xuízo, alagaba o ambiente o putrefacto fedor do cadáver. O Papa Esteban interrogou ao cadáver e ao non recibir resposta, procedeu a condenalo.
Formoso foi acusado e interrogado en presenza de toda a cámara papal e Lamberto de Espoleto, sendo a acusación máis grave a de que "por ambición, Formoso cambiara a súa sede episcopal de Porto pola sede de Roma".
Ante tal cantidade de acusacións e dado un silencio moribundo do acusado, ditóuselle sentenza. Por acordo entre os Espoleto e a propia Igrexa aplicóuselle ao defunto a "damnatio memoriae" polo que procederon a eliminar calquera tipo de rastro da súa vida: ordes, actas, biografías, etc. Formoso foi desposuído dos seus vestiduras, signos e símbolos eclesiásticos, amputáronselle os tres dedos cos que impartira as bendicións -tirándoos ao Tíber- e o seu corpo foi arroxado a unha fosa común. Non contentos con iso, pouco despois levantaron de novo o cadáver e arroxárono ao río Tíber.
O corpo foi atopado por un ermitaño que recoñeceu o cadáver e deulle unha sepultura cristiá. Anos máis tarde, unha vez desaparecido o papa Esteban VI, procedeuse a limpar a memoria de Formoso, trasladando definitivamente o seu corpo a San Pedro do Vaticano onde descansa desde entón.