Un novo continente

Asia, América, África, Antártida, Europa, Oceanía e... Gran Sopa de Plástico.

Debuxo artístico
O mércores 13 de agosto de 1997 o oceanógrafo norteamericano Charles Moore navegaba polo océano Pacífico. O seu veleiro volvía a California (Norteamérica) desde as illas Hawai, logo de participar alí nunha regata. El e os seus cinco tripulantes tomaran para voltar unha ruta que era pouco transitada. Dun momento a outro, comezaron a ver unha fileira de bolsas de plástico, redes, conos asiáticos de sinalización de tráfico, xarras, zapatos, cepillos de dentes, bonecas descabezadas e bombillas. Nese instante, Charles Moore, como un Cristóbal Colón moderno achara unha nova rexión mar dentro: "o continente lixo".

Este novo "continente" do lixo atópase no medio do Pacífico, a uns 1.000 km de Hawai. Coñecido como o «gran parche de lixo do Pacífico», a «gran illa de lixo», a «gran sopa de plástico» ou o «sétimo continente», este vertedoiro marítimo ten unhas dimensións incribles. Calcúlase que ocupa de 1,7 millóns a 3,4 millóns de km cadrados, máis ou menos o equivalente de tres a sete Españas, e pesa uns 3,5 millóns de toneladas.
Localización

Os desperdicios humanos agrúpanse nun remolino xigante provocado pola forza da corrente en vórtice do Pacífico Norte, que vira en sentido das agullas do reloxo. Isto, coa axuda dos ventos que actúan na zona, impide que os refugallos plásticos se dispersen cara ás costas. A forza centrípeta leva lentamente os cascallos cara ao centro desta espiral.

Plásticos no océano Pacífico
A illa de lixo está composta por todo o que se poida imaxinar; pero destacan sobre todo pequeñísimas pezas de plástico, millóns delas, algunhas do tamaño dun gran de arroz. O efecto é moi parecido ao que exerce o mar sobre a area da praia, pero na súa versión máis espantosa. O detritus contamina as augas e envenena aos peixes, que inxeren as partículas de plástico máis diminutas. Esas toxinas poden ser transmitidas en cadea a depredadores máis grandes, incluído, por suposto, o home. Aínda non se obtivo información sobre algunha especie que prospere na gran mancha de lixo do Pacífico.

E non esquenzamos que este tipo de compostos poden durar centos de anos no medio ambiente. É a herdanza que deixa a xeración actual as vindeiras xeracións.