As pasaxes da historia son pequenas narracións, dunha media hora, que o periodista, xa falecido, Juan Antonio Cebrián facía no seu programa de radio (A rosa dos ventos) sobre un feito histórico, un personaxe, unha batalla…
Como funciona? Preme no "play" para escoitar... As pasaxes da historia.
Gengis Kan
Gengis Kan (monte Burjan Jaldun, ca. 1162 - Yinchuan, 18 de agosto de 1227). O seu verdadeiro nome era Temüdjin(que significa "o mellor aceiro"), mentres que Gengis Kan é o nome que recibiu tras ser entronizado como emperador dos mongoles en 1206. Foi un aristócrata mongol que unificou ás tribos nómades desta etnia do norte de Asia, fundando o primeiro Imperio mongol, o imperio contiguo máis extenso da Historia. Baixo o seu liderado como Gran Kan, os mongoles comezaron unha onda de conquistas que estendeu o seu dominio a un vasto territorio, desde Europa Oriental ata o océano Pacífico, e desde Siberia ata Mesopotamia, a India e Indochina.
Xaime I
Jaime I de Aragón (Montpellier, 2 de febreiro de 1208 - Alcira, 27 de xullo de 1276) foi rei de Aragón (1213 - 1276), de Valencia (1239-76) e de Mallorca (1229-1276), conde de Barcelona (1213-1276), señor de Montpellier (1219-1276) e doutros feudos en Occitania. Fillo de Pedro II o Católico e de María de Montpellier, era o herdeiro de dúas importantes liñaxes: a Casa de Aragón e o dos emperadores de Bizancio, por parte da súa nai.Tivo unha infancia difícil. O seu pai, que acabaría repudiando á raíña, só chegou a concibilo mediante engano dalgúns nobres e eclesiásticos que temían pola falta dun sucesor, e a colaboración de María, facendo crer a Pedro que se deitaba cunha dos seus amantes.
Batalla das Navas de Tolosa
A Batalla das Navas de Tolosa é coñecida simplemente como «A Batalla» nas crónicas da época, tivo lugar o 16 de xullo de 1212 preto da poboación xienense das Navas de Tolosa. A vitoria permitiu estender os reinos cristiáns, principalmente o de Castela, cara ao sur da Península Ibérica, entón dominada polos musulmáns. Foi o acontecemento esperado para dar o empuxón á reconquista hispano-visigoda.
Esta decisiva batalla foi o resultado da Cruzada organizada en España polo rei Afonso VIII de Castela, o Arcebispo de Toledo Don Rodrigo Ximénez de Rada e o Papa Inocencio III contra os almohades musulmáns que dominaban Al-Ándalus desde mediados do século XII, tras a derrota do rei castelán na batalla de Alarcos (1195), e tivera como consecuencia levar a fronteira ata os Montes de Toledo, ameazando a propia cidade de Toledo e o val do Texo.
Afonso X
Afonso X de Castela (Toledo, 23 de novembro de 1221 - Sevilla, 4 de abril de 1284), chamado o Sabio, foi rei de Castela (1252-1284).
Marco Polo
Marco Polo (15 de setembro de 1254 - 8 de xaneiro de 1324) foi un mercador e explorador veneciano que, xunto co seu pai e o seu tío, estivo entre os primeiros occidentais que viaxaron pola ruta da seda a China. Dise que introduciu a pólvora en Europa, aínda que a primeira vez que se utilizou en Occidente acaeceu na batalla de Néboa (Huelva) en 1262.
William Wallace
Sir William Wallace (ca. 1270 - 23 de agosto de 1305) foi un escocés que dirixiu ao seu país contra a ocupación inglesa e contra o Rei Eduardo I de Inglaterra nas Guerras de independencia de Escocia. Era de orixe humilde.
Inés de Castro
Inés de Castro (Galicia, 1325 - Coimbra, 7 de xaneiro de 1355). Nobre galega, filla de Pedro Fernández de Castro "O da guerra", primeiro señor xurisdiccional de Monforte de Lemos e de Aldonza Lorenzo de Valladares tamén coñecida como Aldonza Soares (ou Suárez) de Valladares. Inés foi amante do infante Pedro de Portugal (posteriormente rei Pedro I de Portugal). Repudiada polos nobres portugueses, a súa unión con Pedro e os seus fillos foron considerados ilexítimos e iso atraeulle o repudio do rei Afonso IV o Bravo e os nobres, que culminou no seu asasinato. De xeito póstumo foi declarada esposa de Pedro e polo tanto reina de Portugal logo de morta.
Pedro I
Pedro I de Castela (Burgos, Castela, 30 de agosto de 1334 - Montiel, Castela, 23 de marzo de 1369), chamado o Cruel polos seus detractores e o Xusticiero polos seus partidarios, foi rei de Castela desde o 26 de marzo de 1350, pouco antes de ter 16 anos, ata a súa morte con 35.Fillo e sucesor de Afonso XI o Xusticiero e de María de Portugal, filla do rei Afonso IV o Bravo. Foi o último rei de Castela da Casa de Borgoña.A súa educación foi moi descoidada, pois Afonso XI, levado polo seu amor a Leonor Núñez de Guzmán, deixou a crianza do seu herdeiro a María de Portugal, raíña consorte, que viviu co seu fillo no alcázar de Sevilla
Os Borgia
Os Borgia (orixinalmente Borja) foron unha familia valenciana establecida en Xátiva, España, e posteriormente en Gandía, procedente de Borja, Aragón, moi influente durante o Renacemento. O seu nome orixinal foi Borja, sendo un apelido aragonés, procedente da súa localidade de orixe, pero a súa grafía foi italianizada, sendo máis coñecidos como Borgia.
Os audios proceden do blog: pasajeshistoria.blogspot.com.
Os textos proceden de: http://es.wikipedia.org/