Pedra da muller embarazada |
Atópase en Baalbek (actual Líbano).
Outras pedras similares en tamaño e peso foron utilizadas na construción da "Gran Terraza" de Baalbek. A canteira está a 1.160 metros de altura e o templo a uns 1.145 m. Para levar os bloques ciclópeos tiveron que sortear unha gabia e a distancia a percorrer é duns 1.100 metros.
O seu peso comparándoo con obxectos da actualidade:
- Airbus A380 (avión de pasaxeiros máis grande). Peso máximo en terra: 386 toneladas. Necesítanse como mínimo 3 xigantescos Airbus A380 para achegarse a 1.200 t.
- Dúmper, camión utilizado nas canteiras de pizarra. Peso máximo: 69 toneladas. Necesítanse 17 destes camións xigantes para achegarse a 1.200 t.
- BMW serie 3 (versión familiar). Peso máximo con carga: 1,6 toneladas. Necesítanse 750 coches como este para conseguir 1.200 t.
Poderiamos mover hoxe en día os 1.200.000 kg que pesa a pedra? O seu transporte seríanos case imposible coa tecnoloxía que dispoñemos actualmente, o único xeito sería un sistema de guindastres con raíles. Necesitaríanse os guindastres máis fortes e pesados xamais construídos polo ser humano. A súa construción levaría meses, quizais anos. O terreo tería que estar llano e cimentado para instalar sobre el os raíles, o que implicaría aínda máis tempo.
Como é posible que fai case 5.000 anos esta suposta xente analfabeta e atrasada en coñecemento e tecnoloxía puidésena construír e mover esta xigantesca pedra?
Estará a resposta na Biblia? "Naqueles días había xigantes na Terra..." (Xénese Capítulo 6 Antigo Testamento)