1º ESO: Semana 5

"Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado". Recollido nas orientacións provisionais publicadas pola Consellería.
 
Repaso. Tema 1: A Terra e a súa representación

1.- Como se fai?



A) Localiza os puntos sinalados no mapa indicando a latitude e a lonxitude. Lembra: latitude-paralelo e lonxitude-meridiano. Fai a actividade no caderno.

B) A escala. Como calcularías a distancia entre o punto A e o punto B?. Supoñendo que a escala fose: 1:240.000.000. Fai a actividade no caderno.

C) Fusos horarios. Se no meridiano de Greenwich son as 12.00 h que hora sería nos puntos: C e F. Lembra que para o oeste son horas menos e para o leste son horas máis. Lembra que cada 15⁰ varía unha hora. Fai a actividade no caderno.

2.- Fai a ficha repetidor/a. Aínda que na ficha poña "Repetidor" é para facer todo o alumnado. Non copies nin as preguntas nin os enunciados, só as respostas. Entre parénteses aparece o número de letras que ten a resposta. Preme aquí. Fai a actividade no caderno.