O chófer de Einstein

Cóntase que nos anos 20 cando Albert Einstein empezaba a ser coñecido pola súa teoría da relatividade, era con frecuencia solicitado polas universidades para dar conferencias.

Dado que non lle gustaba conducir e sen embargo o coche resultáballe moi cómodo para os seus desprazamentos, contratou os servizos dun chofer.


Logo de varios días de viaxe, Einstein comentoulle ao chofer o aburrido que era repetir o mesmo unha e outra vez.

"Se quere", díxolle o chofer, "pódoo substituír por unha noite. Oín a súa conferencia tantas veces que a podo recitar palabra por palabra."

Einstein tomoulle a palabra e antes de chegar ao seguinte lugar, intercambiaron as súas roupas e Einstein púxose ao volante.

Chegaron á sala onde se ía a celebrar a conferencia e como ningún dos académicos presentes coñecía a Einstein, non se descubriu o engano.


O chofer expuxo a conferencia que oira a repetir tantas veces a Einstein. Ao final, un profesor que estaba escoitando a conferencia fíxolle unha pregunta. O chofer non tiña nin idea de cal podía ser a resposta, con todo tivo un golpe de inspiración e contéstolle:


"A pregunta que me fai é tan sinxela que deixarei que o meu chofer, que se atopa ao final da sala, lla responda".

Aínda que a historia precedente é probablemente falsa, non por iso deixa de ser divertida.