Sabías que...? Historia 0

HISTORIA 0

- Na nosa cultura o punto de partida para datar un acontecemento é o nacemento de Cristo, tendo en conta se sucedeu antes do nacemento de Cristo (a.C.) ou despois do nacemento de Cristo (d.C.)?

- Os musulmáns toman como referencia para punto de partida do seu calendario a Héxira (peregrinación que fixo Mahona no ano 622 da Meca a Medina)?.

- Pódese saber con exactitude a antigüidade de ósos de persoas e animais co método do carbono 14, nome duns átomos radiactivos que en cantidades mínimas teñen tódolos seres vivos. Desde o momento da morte dun ser vivo, os seus restos perden cada 5.780 anos a metade de C-14 que conteñen e así sucesivamente a un ritmo fixo?.

- Indiana Jones, o famoso personaxe do cine, era un arqueólogo?

- Os raios X poden revelar detalles de obxectos demasiados fráxiles para ser extraídos ou que están incrustados en rocha?

- A observación dos ósos poden darlle ó científicos información sobre a dieta e a saúde dos pobos antigos?

- Hai achados que tiveron distintos habitantes ó longo do tempo, sendo o superior o máis recente?

- A dendrocronoloxía é o estudio dos aneis das árbores para datar obxectos de madeira e para facelo fíxanse no grosor dos aneis, un ano bo os aneis son máis grandes que un ano malo?