Sabías que...? Idade Moderna: A época dos descubrimentos

A ÉPOCA DOS DESCUBRIMENTOS
# No ano 1271 un xove de dezaseis anos chamado Marco Polo emprendeu unha viaxe á China dende Venecia (Italia) e voltou 24 anos máis tarde?
# Marco Polo contaba historias terroríficas sobre cometas de vimbio nas que se suxeitaban prisioneiros vivos para probar os ventos e atraer a boa sorte cando zarpaba un barco e que moi poucos sobrevivían?.
#
Marco Polo contou que vira fontes das que mamaba un líquido negro e ninguén o creu, era o petróleo?Antes da chegada dos europeos, nin os aztecas nin os incas viran nunca cabalos?
# O castigo azteca aos ladróns consistía en obrigarlles a devolver o dobre do roubado?
# O número da sorte do aztecas era o número 13 e que aztecas temían a fin do mundo cada 52 anos e desfacíanse das súas posesións a modo de preparación?
# Tanto os aztecas coma os incas crían que a furia dos deuses só se podía aplacar con sangue e que a principios do séculos XVI, os sacerdotes aztecas arrancábanlle o corazón aproximadamente a unha 20.000 persoas ó ano?
# En 1532, o español Francisco Pizarro chegou ó Perú con só 200 soldados e apresou ó emperador inca Atahualpa e que Pizarro pediu como rescate unha sa chea de ouro e logo matou a Atahualpa?

# Cando Hernán Cortés invadiu o imperio azteca con tan só 508 soldados e 100 mariñeiros queimou as súas naves para que os seus homes tiveran que elixir entre a victoria ou a morte?