Sabías que...? Idade Media: Comezo

O INICIO DA IDADE MEDIA
# Bárbaros para os romanos eran os estranxeiros?
# Atila era un xefe dos hunos e cóntase que por onde el pasaba xa non volvía a crecer a herba?
# Sabías que os musulmáns empezan a conta-los anos desde o ano 622 cando Mahoma fixo a peregrinación de Medina á Meca e ademais un ano musulmán non ten o mesmo número de días co cristián; cada 33 anos musulmáns equivalen a 34 anos cristiáns. Para converter un ano musulmán a un ano cristián hai que emprega-la seguinte fórmula: ano cristián = ano musulmán + ano musulmán / 33 + 622?
# Pipino "O Breve", pai de Carlomagno, chamábano así pola súa pequena estatura; medía 4 pés e 6 pulgadas (1.37m)?
# A unidade de medida "pe" son 30,48 cm que era a lonxitude do pé do emperador Carlomagno?
# O papa Silvestre II (940-1.003) introduciu os números árabes en toda Europa procedentes da España musulmana?.
# Para conquistar Constantinopla o sultán otomán Mehmet II fixo arrastrar 70 barcos por terra para evitar unha enorme cadea de ferro que protexía a canle de entrada á cidade?