Sabias que...? Xeografía: A paisaxe de Europa e de España

A PAISAXE DE EUROPA E DE ESPAÑA
# Os “pubs”(bares) británicos teñen máis de 25.000 nomes distintos e o nome máis empregado é: O león vermello?# O galo é o símbolo nacional de Portugal?# Nos Píses Baixos hai 14 millóns de bicicletas para 15 millóns de holandeses?# Francia produce tanto viño que podían encher unha botella máis grande ca estatua da Liberdade?.# Mónaco ten unha orquestra máis numerosa co seu exército?# Máis da metade dos alemáns pasan as súas vacacións no estranxeiro?# A “wurst” (salchicha) é o alimento tradicional alemán e hai 1.500 variedades distintas?# O reloxo do concello de Praga (República Checa) leva funcionando sen interrupción desde 1.572?# Que o río Danubio recorre oito países e recibe os seguintes nomes: Donau, Danuj, Duna, Dunav, Dunarea e Dunay?# Os búlgaros asinten coa cabeza para dicir non e moven a cabeza lateralmente para dicir si?# A uva empezouse a cultivar por primeira vez na Anatolia (Turquía)?# En Moscova (Rusia) pode permanecer a neve ata cinco meses nas súas rúas e que unha das súas comidas favoritas son os xelados?.# O mar Caspio está 28 m. por debaixo do nivel do mar?# A altura das montañas de España mídense con relación ó nivel do mar en Alicante?# O río máis caudaloso de España é o Ebro e o segundo é o Miño?# O Mulhacén chámase así porque, segundo conta a lenda, alí foi enterrado Ali Muley-Hacen que era pai de Boabdil (o último rei árabe de Granada)?# O río Guadiana flúe unha parte do seu recorrido baixo terra?# En España hai un río que se chama Mundo é ten un dos nacementos máis espectaculares?# Nos Pirineos hai un cume que se chama Monte Perdido e ese nome veulle pola seguinte lenda: no Alto Aragón vivía Atland, un home pacífico e ermitán ó que as xentes da montaña tíñanlle un medo infundado. Un día un home topou con el e matouno. O asasino baixou ó pobo moi contento do que consideraba unha fazaña; nisto un lóstrego descargou sobre o seu corpo. Cóntase que nese intre as montañas tremeron e as rochas amontoáronse formando a montaña que hoxe se chama Monte Perdido?# O río Ebro creou o maior delta da Península e mide uns 30 km.?# En Navarra, parte Norte de España, hai unha zona semidesértica que se chama as Bárdenas?# En La Hermida, un pobo de Cantabria, que se atopa nun desfiladeiro, non recibe os raios do Sol durante un período comprendido desde o 26 de outubro ó 28 de marzo?