Bestiario medieval (1): O basilisco

1.- 2.-
1.-Santa María A Real. Sangüesa (Navarra)
2.- San Andrés. Soto de Bureba (Burgos)

O basilisco ten cabeza, ás e patas de galo e corpo de serpe. Considéraselle o Rei das serpes (así como o león é o rei das outras bestas)
Era un animal que envenenaba o ambiente co seu alento e mataba coa mirada xa que por aí saía o seu veleno.
Camiñaba erguido e ao seu paso, todas as serpes ocultábanse. Eliano dicía que o basilisco evita o contacto co galo porque morrería ao oir o seu canto.
Cando un home entra en contacto cun basilisco un dos dous acabará morrendo, o primeiro que sexa visto polo outro: o basilisco morre se un home o ve antes de que el vexa ao home e viceversa.
O humano tan só tiña unha forma de salvarse do encontro cun basilisco e era escondéndose tras un obxecto de vidro ou cristal xa que o animal concentrábase nese obxecto e esquecía o resto.

Na Idade Média atribuíaselle a función de conducir as almas dos pecadores ao inferno.

Basilisco....