O labirinto da catedral de Chartres


Catedral de Chartres (Francia)

Cando visitamos unha catedral, por exemplo a catedral de Chartres (Francia) levantamos a vista para ollar as súas fermosas vidreiras, a altura das súas columnas, a bóveda de cruzaría do teito; pero se miramos para o chan atoparémonos con algo inesperado: un labirinto.

Na nave maior da catedral de Chartres aparece trazado un soado "labirinto", cuxos 13 metros de diámetro convérteno no maior dos conservados para a época gótica. Como curiosidade matemática, o seu diámetro é exactamente o mesmo que o que ten o rosetón da fachada principal. A diferenza dos labirintos da Antigüidade (empezando polo do Minotauro en Creta), o de Chartres só ofrece unha ruta posible a través dunha liña continua trazada ao longo de 262 metros e 11 círculos concéntricos ata chegar ao centro; onde, segundo algunhas noticias, houbo ata 1828 unha escena do heroe grego Teseo loitando contra o Minotauro.

Nas fontes históricas, ao labirinto da catedral de Chartres denomínaselle «O Camiño de Xerusalén». O nome puxéronllo aqueles que na Idade Media non podían permitirse o luxo de peregrinar a Terra Santa, en lugar de emprender un camiño de dez mil horas de marcha, percorrían esta "legua curta" e crían obter a mesma satisfacción espiritual que se alcanzasen Xerusalén. Para iso tiñan que percorrer o labirinto de xeonllos, recitando o Miserere. O tempo investido nesta penitencia era aproximadamente dunha hora, xusto o que se tarda en camiñar unha legua (uns 5 km), que foi a distancia que percorreu Xesucristo coa cruz ao lombo ata o Monte Calvario, polo que o labirinto de Chartres tamén foi coñecido popularmente como «A Legua».

Durante a Idade Media o laberinto simbolizaba o duro camino cara Deus.

Os labirintos eran bastante usuais nas catedrais e igrexas medievais de Francia e Italia como o de Chartres, Amiens, Bayeux, Orleans, Toulouse, Reims (destruído fai douscentos anos), Mirepoix, Ravena…

Para recorrer o labirinto da catedral de Chartres fai clic na icona.