Personaxes: Kim Phuc


Agora que nos aproximamos ao día 30 de Xaneiro (Día Escolar da Paz e a Non Violencia) poucas imaxes como esta simbolizan o sufrimento dos nenos na guerra. A desgraciada protagonista da fotografía é Kim Phuc, unha nena vietnamita de 9 anos de idade.

Kim Phuc vivía na aldea de Trang Bang cando o 8 de xuño de 1972 un avión bombardeou (¿accidentalmente?) con bombas de Napalm a súa aldea. O Napalm quéimase coa violencia da gasolina, pero a súa duración é moito maior, de maneira que continúa en actividade despois que se consuman os elementos combustibles cos que entra en contacto, madeira, tea, papel e material orgánico. Os que sofren este bombardeo teñen unha morte horrorosa xa que morren queimados. Kim Phuc correu fóra da aldea, quitándose a súa roupa que estaba en chamas.

Sufriu queimaduras de terceiro grao (
penetra por todo o espesor da pel, e destrúe o tecido) no 65% do seu corpo. Na actualmente reside en Canadá onde preside unha fundación que leva o seu nome e que ten como obxectivo desenvolver programas de axuda a nenos afectados por conflitos armados.

A fotografía foi realizada polo fotógrafo de Associated Press, Nick Ut, quen gañou o Premio Pulitzer por esta foto, e salvou a vida de Kim Phuc; cousa que non se soubo ata 28 anos despois cando Kim Phuc o contou.


Nota. O bombardeo foi gravado en vídeo; pero como as imaxes son reais (de verdade) e aparecen nenos afectados polo que non considero oportuno poñer aquí unha ligazón.