Bruegel "O Vello"

PIETER BRUEGEL "O VELLO" (1528-1569).  Viviu na época do Renacemento. Comunmente establécense paralelismos entre a obra do Bosco e a de Bruegel, pero o certo é que as diferenzas entre ambos son abismais. Mentres que as fantasías do Bosco nacen dunha profunda decepción e preocupación polo ser humano, cunha mensaxe claramente moralizante, as obras de Bruegel están cargadas de ironía e dun amor pola vida rural que parece anticipar o paisaxismo holandés do século posterior. Coñece a súa obra: