O Bosco

HIERONYMUS BOSCH (O BOSCO) (1450-1516). O Bosco é unha das figuras máis fascinantes da pintura antiga. Profundamente relixioso, O Bosco ve na sociedade da súa época o triunfo do pecado, da carne, de todas as cousas que arrebataron ao ser humano o seu carácter anxelical, e quere advertir aos seus contemporáneos das terribles consecuencias dos seus actos impuros. Para iso crea obras como "O tríptico das delicias", considerado por algúns como un prólogo ao surrealismo. O Bosco ten moito de medieval (gótico) pero xa nos anticipa a Idade Moderna. Coñece a súa obra: