Lugares: Sigiriya

Conta a lenda que o rei Kasyapa, fillo do Rei Dhatusena e unha consorte, asasinou ao seu pai emparedándoo vivo, e logo usurpou o trono que por dereito lle correspondía ao seu irmán Mogallana, máis novo pero herdeiro real fillo de Dhatusena e a verdadeira raíña. 

Mogallana fuxiu á India para escapar dos intentos de asasinato do seu irmán, xurando vinganza. 

Sabendo do inevitable regreso de Mogallana, Kasyapa construíu un palacio no cume do Sigiriya como unha fortaleza palaciega, pero ao pasar tanto tempo como Mogallana non daba sinais de vida, Kasyapa ía mellorando o seu palacio e engadindo templos, xardíns acuáticos, cómodas estancias e eróticos frescos que cativarían a imaxinación de poetas e visitantes. Mentres tanto, na India, Mogallana levantou un exército coa intención de retornar e retomar o trono que por dereito lle correspondía. Tardou 18 anos; pero, finalmente, Mogallana chegou e declarou a guerra ao seu irmán. 

Durante a batalla os exércitos de Kasyapa abandonárono, e este suicidouse caendo sobre a súa espada.

O complexo palaciego está situado en Sigiriya na provincia Central de Sri Lanka. Foi edificado en tempos do Rei Kasyapa (477-495). Consta da roca central (Rocha do León), que se eleva uns 200 metros por encima do nivel do val circundante, e dous recintos rectangulares, un ao leste (90 hectáreas) e o outro cara ao oeste (40 hectáreas), rodeados por dous fosos e tres terrapléns.

Ao palacio, situado na "Rocha do León",  chégase logo dun ascenso por mil douscentos trinta chanzos. No traxecto, pódense apreciar os restos dunha obra monumental: estanques escavados na rocha, as garras dun león talladas no acceso, e sobre todo, a concepción no alto dun palacio monumental resgardado por unha muralla natural de ata 200 metros de caída libre e rodeado dunha dobre fosa con miles de crocodilos.


As ruínas, tras quince séculos de abandono, foron descubertas en 1908 polo explorador británico John Still.