Velázquez

DIEGO VELÁZQUEZ (1599-1660). Xunto con Rembrandt, un dos cumes da pintura barroca. Pero a diferenza do holandés, o artista sevillano moveuse case toda a súa vida dentro da cómoda, pero tamén ríxida, sociedade cortesá. A pesar diso, Velázquez foi un renovador, un "pintor de atmosferas" case dous séculos antes que Turner ou os impresionistas, e plasmouno tanto nas colosais pinturas de cámara ("Meninas", "Fragua de Vulcano") como nos audaces e inesquecibles bosquexos da Vila Médicis. Coñece a súa obra: