Bouguereau

WILLIAM ADOLPHE BOUGUEREAU (1825 -1905). Foi un pintor académico francés. Entre as personalidades da época que confesaron admiración pola súa obra cabe destacar o pianista e compositor romántico Chopin. As súas pinturas realistas e de temas mitolóxicos foron exhibidas nas exposicións anuais do Salón de París durante toda a súa carreira. Aínda que sufrise a indiferenza dos críticos, quizá debido á súa forte oposición ao entón triunfante impresionismo, actualmente hai unha nova revalorización do seu traballo. Coñece a súa obra: