Clésinger

JEAN BAPTISTE AUGUSTE CLÉSINGER (1814-1883). Foi un escultor e pintor francés do século XIX. Fixo moitos bustos, incluídos os da actriz Rachel Félix e o de Théophile Gautier. Fixo a estatua de Luisa de Saboya da serie de raíñas de Francia e mulleres ilustres do Xardín de Luxemburgo, en París. No Salón de 1847, Clesinger provocou un balbordo coa presentación da muller mordida por unha serpe, unha escultura de formas atractivas para a que empregara unha modelo do natural, un traballo cargado de sensualidade e que pronto deu pé ao escándalo. A modelo foi Apollonie Sabatier, que seduciu ao artista e tamén a Charles Baudelaire, entre outros. Coñece a súa obra: