Verrocchio

ANDREA DEI MICHELE DEI FRANCESCO DE CIONI "VERROCCHIO" (1435- 1488). Foi un pintor, escultor e ourive do Renacemento (quatrocento) italiano. Entre os seus alumnos estiveron Leonardo da Vinci, Perugino, Ghirlandaio e Sandro Botticelli, pero tamén influíu en Miguel Anxo.   De 1474-1475 é o Bautismo de Cristo, actualmente conservado nos Uffizi. Nesta obra foi axudado por Leonardo da Vinci, que por entón era un mozo, quen acabou a paisaxe e pintou o anxo da esquerda, superando en calidade ao resto da pintura. Segundo Vasari, "Esta foi a razón pola que Andrea non quixo volver tocar os pinceis, indignado porque un raparigo soubese máis ca el".  Este Bautismo de Cristo é a única obra pictórica que se lle atribúe con absoluta seguridade. Coñece a súa obra: