Lugares: Lalibela

Coñecida como Roha nas súas orixes, a cidade tomou o nome actual do rei Lalibela nacido alí na segunda metade do século XII. Segundo conta a lenda o nacemento de Lalibela estivo marcado polo designio divino, que o destinaba a ser rei. O rei que gobernaba nese momento sentiuse ameazado, e enviou a matar ao novo príncipe. Este sobreviviu ao envenenamiento.
Tras permanecer varios días nun estado de inconsciencia do que ninguén cría xa que puidese espertar, Lalibela volveu en si e anunciou que Deus enviouno de regreso, e que lle ordenou que construíse igrexas. Delas dise, ademais, que se edificaron con suma velocidade, porque os anxos traballaban polas noites, mentres os obreiros descansaban.

Lalibela está situada en Etiopía, ao norte da capital (Adis Abeba) e conta con 11 igrexas talladas sobre a roca. Foron construídas entre os séculos XII e XIII. As igrexas de Lalibela foron talladas en inmensos bloques de pedra volcánica avermellada, de modo que pode verse como do chan desa roca xorden os muros de cada unha delas.

As igrexas distribúense en dous grupos principais, separados pos por unha canle, que representa o río Xordán, pero comunicadas entre si por túneles, pasadizos e trincheiras. O lugar foi concibido para que a súa topografía correspondese a unha representación simbólica de Terra Santa. Unha cruz monolítica marca o punto de partida do percorrido efectuado polos peregrinos.

Catro das igrexas son exentas (separadas); as demais están unidas á roca nai, ben por algunha parede ou ben polo teito.

A basílica de Madhane Alem, a máis alta e extensa do conxunto, é rectangular e está dividida en cinco naves. É unha reprodución da catedral de Santa María de Sión de Aksum (Etiopía), destruída en 1535 polos invasores musulmáns. Alberga a Cruz de Lalibela, e posiblemente é a maior igrexa monolítica do mundo.

Debido aos riscos de inundacións, péchase durante a estación de choivas, de xuño a principios de outubro.