A lexión perdida

Cada lexión estaba formada por uns 5.000 soldados, dos que polo menos 300 eran xinetes. Como puideron os romanos perder unha lexión? Como puideron os romanos perder a "Legio IX Hispana"?.
A legio IX Hispana foi unha lexión creada por Pompeio a mediados do século I a. C. con soldados de Hispania.
En 58 a. C. foi asignada, xunto coa Legio VIII e a Legio X, a Xullo César para a conquista da Galia.
No ano 48 a. C. participou, apoiando a Xullo César, na guerra civil que sostivo contra Pompeio.
Entre os anos 25-13 a. C. participou na loita contra os cántabros.
No ano 13 d.C. foi trasladada aos Balcáns e no 43 d.C. o emperador Claudio fixouse nela para acompañalo na conquista de Britania. Nesta época a lexión estaba mandada polo legado imperial Aulo Placio.
No ano 60 d.C. estacionouse en Lincoln e a partir do 70 d.C. estivo en York, onde permaneceu moitos anos.
Pero unha mañá do ano 115 d. C., partiu entre a bruma e... non se volveu a saber dela.
Anos máis tarde, varios gobernadores enviaron sucesivas expedicións para intentar atopar cadáveres ou sobreviventes, sen resultado algún, co que Adriano fixo traer desde o continente á Legio VI Victrix para substituíla.