Lugares: Pinnacles Desert

O Deserto dos Pináculos "Pinnacles Desert" atópase a uns 250 quilómetros da cidade de Perth (Australia) e aínda máis próximo ao pobo pesqueiro de Cervantes (17 km de distancia), antiga colonia española da que xa só mantén o seu nome. A pesar da proximidade á civilización, este peculiar deserto de monólitos de pedra pasou practicamente desapercibido ata finais de 1960, cando pasou a formar parte do Parque Nacional Nambung; aínda que a primeira noticia dos pináculos atópase en diarios dos exploradores holandeses do ano 1600.

Ao longo de 26 quilómetros de costa podemos atopar miles destes pináculos, formados fai miles de anos. Os pináculos están compostos por unha acumulación de cunchas de moluscos mariños e erosionados polo paso do tempo cando as augas seretiraron do lugar. Hainos de todo tipo e tamaño, desde os máis pequenos que apenas levantan un palmo do chan ata os máis impoñentes, de ata catro metros de altura.

A mellor estación para ver Os Pináculos é a primavera (desde agosto a outubro -lembra que estamos no hemisferio sur-), xa que a temperatura é máis suave e as flores silvestres están en flor. As mellores horas para visitar o deserto son ao amencer e á tardiña, cando as alargadas sombras parecen bailar sobre a dourada area e os pináculos brillan bañados polo alaranxado sol, creando no seu conxunto unha visión realmente única.