Personaxes: Ötzi

Ötzi, o home do xeo
En 1991 dous turistas alemáns (Helmut e Erika Simon) atoparon, no val alpino italiano de Ötz a 3.210 metros de altitude, unha momia. É Ötzi, "o home dos xeos" e o estado no que se atopou Ötzi é case perfecto, pois foi momificado polo xeo.

Primeiro pensouse que se trataba dalgún montañeiro que se despeñara; pero cando o corpo foi trasladado á Universidade de Innsbruck, en Austria, detectouse que se trataba dun cadáver moi antigo. Posteriormente comprobouse que o achado tivera lugar a 92,5 metros da fronteira austriaca, pero aínda no lado italiano. Italia reclamou entón, con éxito, a posesión da momia. Actualmente consérvase no Museo Arqueolóxico de Tirol do Sur, en Bolzano (Italia).


A súa indumentaria contaba cunha capa pluvial de fibras vexetais trenzadas, un abrigo feito con tiras escuras e claras de pel de cabra, un cinto, un par de leotardos de pel de cabra, un gorro de pel de oso, un zurrón e un taparrabos. Os zapatos tiñan unha sola de pel de oso, unha cuberta de pel de cervo e un forro interior confeccionado con cortiza de árbore. Era un calzado impermeable e estaban recheos dunha suave herba que rodeaba o pé e actuaba como os nosos calcetíns.


Levaba con el un equipo amplo de armas e ferramentas que incluía, ademais dunha impresionante hacha de cobre, un raspador, unha barrena, un coitelo de pedernal coa súa funda, unha ferramenta para sacar láminas de sílex, un disco de pedra perforado, catorce flechas nunha funda, un gran arco sen terminar, dúas caixas de cortiza e un kit para acender lume.

Sábese que sufría dunha enfermidade do corazón, unha infección bacteriana, que era intolerante á lactosa, que tiña os ollos castaños, pesaba uns 60 quilos e non supera o 1,60 m. de altura. Tamén se sabe que sufría periodontitis, caries e outra longa lista de problemas dentais. O feito de que o «home de xeo» sufrise caries dental pode atribuírse a que comese moitos alimentos con almidón, como o pan e a avena que se consumían con maior frecuencia no período Neolítico, debido á aparición da agricultura.

Ötzi, un cazador prehistórico, que faleceu desangrado fai uns 5.300 anos despois de que unha frecha lle atravesase o corpo por detrás. O frechazo, por detrás, entroulle polo omóplato esquerdo e a punta da frecha aínda permanece aloxada no seu corpo. Iso provocoulle unha hemorraxia mortal. Si o dano da frecha non fose suficiente, o seu impacto fíxoo caer ao chan e golpeouse a cabeza, polo que a morte chegoulle en poucos minutos. Ademais, tiña unha ferida aberta na palma da man esquerda que podería axustarse a un instinto de protección ante unha puñalada ou un hachazo.
A comida sen dixerir no seu estómago suxire que foi vítima dunha emboscada.
Ötzi, reconstrución
Aínda máis...
-Tiña muchísimos tatuaxes por todo o corpo. Non estaban feitos con agulla, senón con pequenos cortes que logo se frotaban con carbón, creando unha serie de liñas localizadas sobre todo en zonas nas que tiña feridas ou sufría dores, como nas costas ou nas articulacións.
- Na súa roupa atopouse polen de carpe negro, especie que só poliniza entre marzo e xuño, meses nos que debeu morrer.
- A súa última comida foi completa: carne de cervo, pan, queixo de cabra e verdura.
- Ötzi medía 159 cm aproximadamente, pesaría uns 60 kg., e tiña uns 46 anos.
- Na frecha, na capa e no coitelo había sangue de catro persoas máis.
- O estudo, realizado polo Instituto Nacional de Medicina Legal da Universidade Médica de Innsbruck en Austria, logrou identificar a 19 persoas que están xeneticamente relacionadas co home momificado. E hai posibilidades de identificar a máis 'familiares' de Ötzi tanto en Suiza como en Italia.


Para ver a momia con todo detalle preme aqui.