Ensináronlle a pensar (Unha historia real)

Sir Ernest Rutherford, presidente da Sociedade Real Britanica e Premio Nobel de Química en 1908, contaba a seguinte anécdota:

Fai algún tempo, recibín a chamada dun colega. Estaba a piques de poñer un cero a un estudante pola resposta que dera nun problema de física, a pesar de que este afirmaba con rotundidade que a súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudantes acordaron pedir arbitraxe de alguén imparcial e fun elixido eu.

Lin a pregunta do exame e dicía:
Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro.

O estudante respondera: leva o barómetro á azotea do edificio e átalle unha corda moi longa. Descólgao ata a base do edificio, marca e mide. A lonxitude da corda é igual á lonxitude do edificio.

Realmente, o estudante expuxera un serio problema coa resolucion do exercicio, porque respondera á pregunta correcta e completamente. Doutra banda, se se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar a media do seu ano de estudos, obter unha nota máis alta e así certificar o seu alto nivel en física; pero a resposta non confirmaba que o estudante tivese ese nivel. Suxerín que se lle dese ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me respondese á mesma pregunta pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus coñecementos de física. Pasaran cinco minutos e o estudante non escribira nada. Pregúnteille se desexaba marcharse, pero contestoume que tiña moitas respostas ao problema. A súa dificultade era elixir a mellor de todas. Escuseime por interromperlle e rogueille que continuase. No minuto que lle quedaba escribiu a seguinte resposta:
colle o barómetro e lanzao ao chan dende a azotea do edificio, calcula o tempo de caída cun cronometro.Despois aplícase formúlaa h=2gt2. E así obtemos a altura do edificio.

Neste punto pregúntelle ao meu colega se o estudante se podia retirar. Deulle a nota máis alta.

Tras abandoar o despacho, reencontreime co estudante e pedinlle que me contase as outras respostas á pregunta.

- Bo, respondeu, hai moitos xeitos, por exemplo, colles o barómetro nun día soleado e mides a altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos a continuacion a lonxitude da sombra do edificio e aplicamos unha simple proporcion, obteremos tamen a altura do edificio.

- Perfecto, díxenlle, e doutro xeito?

- Si, contestou, este é un procedemento moi básico para medir un edificio, pero tamén serve. Neste método, colles o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na planta baixa. Segundo sobes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o número de marcas ata a azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo número de marcas que fixeches e xa tes a altura. Este é un método moi directo.

- Por suposto, se o que quere é un procedemento mais sofisticado, pode atar o barometro a unha corda e movelo coma se fose un pendulo. Se calculamos que cando o barometro está á altura da azotea a gravidade é cero e se temos en conta a medida da aceleracion da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferenza destes valores, e aplicando unha sinxela formula trigonométrica, poderiamos
calcular, sen dúbida, a altura do edificio.

- Neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo desde a azotea á rúa. Usándoo como un pendulo podes calcular a altura medindo o seu período de precesión.

- En fin, conclúo, existen outros moitos xeitos. Probablemente, a mellor sexa coller o barometro e golpear con el a porta da casa do conserxe. Cando abra, dicirlle: señor conserxe, aqui teño un bonito barometro. Se vostede me di a altura deste edificio, regálollo.

Neste momento da conversación, pregúnteille se non coñecía a resposta convencional ao problema (a diferenza de presión marcada por un barómetro en dous lugares diferentes proporciónanos a diferenza de altura entre ambos os lugares) evidentemente, dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudos, os seus profesores intentaran ensenarlle a pensar.

O estudante chamábase Niels Bohr, físico danes, premio Nobel de Física en 1922, máis coñecido por ser o primeiro en propor o modelo de átomo con protóns e neutróns e os electróns que o rodeaban. Foi fundamentalmente un innovador da teoría cuántica.

Á marxe do personaxe, o divertido e curioso da anecdota, o esencial desta historia é que LLE ENSINARON A PENSAR.

Por certo, para os escépticos, esta historia é absolutamente verídica.