A Rúa, unha pequena viaxe ao longo do tempo (2)

DA IDADE MEDIA Á IDADE CONTEMPORÁNEA

Trala desaparición do Imperio Romano non se deixou da habitar esta zona e mesmo na época dos suevos e visigodos (séculos VI e VII), onde se coñecía co nome de Georres, acuñouse moeda na vila alomenos en dúas ocasións. Nesta época introdúcese o cristianismo na zona e nun primeiro momento depende da diócese de Ourense ata xa entrada a Idade Media que pasa a depender xa de forma ininterrumpida da diócese de Astorga. Os restos hitóricos son poucos e de escaso interese.

A presenza árabe na zona foi practicamente nula e só quedou fiixada na mitoloxía popular nas "covas de mouros" e nalgún topónimo como o de Portomourisco no veciño concello de Petín e o de Mourisca no xa máis alonxado Concello de Viana.

Nestes primeiros anos da Idade Media comeza a aparecer o sistema feudal, que nalguns dos seus aspectos, como a propiedade señorial da terra, durará ate ben entrado o século XIX. Os labregos que traballaban a terra case nunca eran os propietarios dela e tiñan que pagarlle ó nobre unha porcentaxe da súa producción ou as veces tamén diñeiro segundo estivera recollido no contrato de arrendamento (foro). Polo San Miguel, 29 de setembro, soía ser cando se facía efectivo este pagamento, xa que por esa data xa estaba feita a colleita dos principais produtos. En Valdeorras a familia dos Castro, condes de Lemos, exercirían ese dominio feudal ao longo de moito tempo.

A principos do século XII comezáse a formar un núcleo de poboación á entrada do val ao redor duna pequena i
grexa que iría desprazando pouco a pouco ao núcleo de A Cigarrosa. Este novo asentamento comezouse a coñecer, nun primeiro momento, co nome de San Estebo e xa a finais da Idade Media hai documentos de donacións que fan referencia a San Estebo de A Rúa.

Xa no século XIII, o rei Afonso IX, concedeulle o señorío desta terras ao bispo de Astorga D. Pedro Andrés. Nesta época coñecíase co nome de A Cigarrosa.

No século XIV trala guerra civil entre Pedro I de Castela e o seu irmán bastardo Enrique II, gañada por este último, Valdeorras será un dos múltiples agasallos feitos polo primeiro rei da Casa dos Trastámara aos nobres que lle axudaron na guerra. Pronto Valdeorras foi vendida aos Sarmiento, condes de Ribadavia.

No século XVII no novo asentamento, que xa se empezaba a coñecer como San Estebo de A Rúa, comézase a edificar a nova igrexa de San Estebo, sobre os restos da igrexa primitiva, que conserva no seu interior fermosos retablos barrocos. Ao longo deste s
éculo e do seguinte adquire unha grande importancia a nivel comercial, desprazando, xa definitivamente, á orixinaria Cigarrosa como núcleo máis importante de poboación.

No século XVIII o chamado Catastro de Ensenada vainos proporcionar unha visión moi detallada de como era a vida da xente daquela época. Vida que sería moi semellante á dos séculos ant
eriores xa que os Condes de Ribadavia polo San Miguel seguían a cobrar os seus tributos e a Igrexa tamén cobraba o "dezmo". A Igrexa era quen levaba a cabo a escasa labor educativa nas escolas parroquiais e no Convento dos Trinitarios Descalzos de Correxais (Vilamartín) A Vía Nova só tivera pequenas reparacións agás a reconstrución da ponte da Cigarrosa, polo que o seu estado era lamentable pero era o único camiño que servía de comunicación co resto de España.
A mediados do século XVIII era un señorío dependiente dos condes de Ribadavia e contaba cunha poboación, incluí
ndo os núcleos de Fontei, Roblido, Vilela, Somoza e Roblido ademais do propio San Estebo, de 363 veciños. Poboación que se dedicaba fundamentalmente á agricultura. Trigo, centeo, millo, viño, aceite xunto coas hortalizas eran os principias produtos.

Ao iniciar o século XIX tivo lugar un curto pero intenso episodio da Guerra de Independencia contra a presenza dos franceses deixando, ademais de barbarie e saqueo o corpo, sen vida de Dona María Manuela Lunas Sancho que foi enterrada en San Estebo de A Rúa e que se autotitulaba “a heroína da memorable praza de Zaragoza”.

No primiero tercio do século XIX, coa nova organización administrativa baseada en provincias, desaparece a xurisdición señorial que os condes de Ribadavía exercían. San Estebo de A Rúa deixa
de ser unha freguesía e xa aparece denominado como Concello de A Rúa integrado no partido xudicial de Valdeorras que tiña a súa sede en O Barco de Viloria. Durante o trienio liberal dos anos vinte A Rúa xunto co resto da comarca de Valdeorras forma parte da provincia de Villafranca do Bierzo, coa capital na cidade do mesmo nome. Esta situación só durou uns dous anos.

A mediados do século XIX nace na Casa Grande de Fontei D. Telesforo Ojea e Somoza, que na súa curta vida chegou a ser Secretario do partido do Presidente Prim.

O 1 de setembro
de 1883 chega o ferrocarril coa inauguración da liña férrea Palencia-A Coruña o que motiva a construción dunha estación que xenarará que o seu redor xurda un novo barrrio co nome de A Estación. Este feito vai motivar o asentamento da poboación nas proximidades da estación do ferrocarril e a principios do século XX xa se instala alí a Casa do Concello.

No ano 1920 o C
oncello de A Rúa conta con 3.245 habitantes. Outro feito que vai motivar un rápido crecemento demográfico e económico e a instalación no ano 1.945 da empresa Saltos del Sil. A partir dos anos setenta A Rúa perde importancia a favor de O Barco de Valedoras. A instalación, nesta última localidade de institucións públicas como a Residencia Sanitaria, o xuzgado, delegación de fachenda e a delegación da Xunta e a aparición de canteiras de pizarra nas súas proximidades fixeron posible esta nova situación. No referente á Residencia Sanitaria os veciños de A Rúa sempre pensaran que foi unha oportunidade que deixaron escapar.