-->
- A peste negra trouxérona os mercaderes xenoveses dende Asia?
- A peste negra acabou con 25 millóns de persoas en Europa e que en Francia consagraron como cimenterio o río Ródano ó que tiraban miles de víctimas?
- Por órdenes médicas, o papa Clemente VI pasou o caluroso verán de 1348 sentado entre dous lumes qu se atizaban permanentemente e que aínda que el non o sabía, a calor probablemente mantivo ás pulgas a distancia e o Papa sobreviviu?
- Milán sobreviviu á primeira peste negra porque o bispo ordeou empareda-las tres primeiras casas nas que afectou onde os mortos, os enfermos e os sans quedaron atrapados no seu interior?
- Durante a Idade Media os viquingos atacaban as costas galegas e que aínda hoxe se segue recordando, a modo de festa, esas incursións na “festa viquinga” en Catoira (Pontevedra)?